Golpe doloroso é un tropo recorrente nas lendas artúricas e nalgunhas outras lendas de orixe celta.

Na súa forma máis completa, refírese ó Rei Pescador (Rei Pelles), gardián do Santo Graal, quen cae no pecado e polo tanto sofre unha ferida de arma mística (normalmente a Lanza do Destino). Deste xeito, convértese no Rei Tolleito ou Rei Ferido e o seu reino sofre á súa vez de maneira similar, converténdose nunha paraxe desolada. Tanto o rei como o reino non sandarán até a finalización con éxito da busca do Graal.

O golpe adoita describirse localizado nas pernas ou nas cachas do rei, aínda que isto foi tomado como un eufemismo para referirse ós xenitais, que explicitamente son a localización da ferida de Anfortas en Parzival de Wolfram von Eschenbach. No Ciclo da Pos-Vulgata, Le Morte D'Arthur e obras tardías baseadas nestas, o golpe é dado por Sir Balin, quen fai caso omiso dunha "voz sobrenatural" e golpea ó rei cando se lle priva da súa arma e pensa que o seu ataque está "xustificado".

Véxase tamén editar

Bibliografía editar