Glandora prostrata

especie de planta

Glandora prostrata

G. prostrata no Monte Pindo, (A Coruña), España
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Boraginaceae
Subfamilia: Boraginoideae
Xénero: Glandora
Especie: ''G. prostrata''
Nome binomial
''Glandora prostrata''
(Loisel.) D.C.Thomas
Sinonimia

Glandora prostrata é unha especie de planta da familia das boraginaceae.

Detalle da flor.
No seu hábitat.

Descrición editar

Mata calcífuga de até 50 cm, pelosa. Follas sen peciolos, co nervio medio moi marcado sobre a face e saínte sobre o envés. Corola de 1 a 2 cm, azul ou avermellada, cos 5 pétalos soldados para constituír un tubo. Os 5 estames insertos a distintas alturas sobre o tubo da corola. Ovario dividido en 4 partes. Florece no inverno e primavera.[1]

Hábitat editar

En matogueiras e sotobosques de piñeirais e sobreirais, noiros rochosos, etc., xeralmente en substrato ácido; a unha altitude desde o nivel do mar aos 1200 metros.

Distribución editar

No suroeste e noroeste da Península Ibérica. No noroeste de África.[2] Glandora prostrata subsp. lusitanica é un endemismo ibero-mauritánico-atlántico.

Taxonomía editar

Glandora prostrata foi descrita por (Loisel.) D.C.Thomas e publicada en Taxón 57: 94 (2008)[3]

Citoloxía

Número de cromosomas de Glandora prostrata (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=32[4]

Sinonimia
  • Lithodora prostrata (Loisel.) Griseb.
  • Lithospermum prostratum Loisel.[5]

Notas editar

  1. Coca Pérez, M. (2001). Árboles, arbustos y matas del Parque Natural Los Alcornocales (Cádiz-Málaga). Jerez:Ornitur. 
  2. "Lithodora prostrata". Epistemowikia, UNEX. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2008. 
  3. "Glandora prostrata". Flora Vascular. Consultado o 25 de decembro de 2012. 
  4. Contribución al conocimiento cariológico de los brezales del centro-occidente español. González Zapatero, M. A. & J. A. Elena- Rosselló (1985) Stud. Bot. Univ. Salamanca 4: 173-177
  5. Glandora prostrata en PlantList

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar