Giuseppe Tavani
filólogo italiano
Giuseppe Tavani, nado en Roma o 21 de marzo de 1924 e finado o 22 de marzo de 2019, foi un filólogo italiano[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1924 Roma, Italia |
Morte | 22 de marzo de 2019 (95 anos) |
4º President of Associació Internacional de Llengua i Literatura Catalanes (en) | |
1988 – 1994 ← Arthur Terry (pt) – Joan Veny i Clar → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1946–2019) Reino de Italia (1924–1946) |
Formación profesional | Filoloxía Románica |
Actividade | |
Campo de traballo | Filoloxía románica |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | filólogo , romanista , tradutor , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Roma La Sapienza |
Membro de | |
Alumnos | Stefano Asperti (pt) |
Lingua | Lingua italiana, lingua portuguesa, portugués do Brasil, lingua galega, lingua francesa, lingua castelá e lingua catalá |
Familia | |
Cónxuxe | Giulia Lanciani |
Premios
| |
Traxectoria editar
Giuseppe Tavani foi catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Roma I e un dos principais estudosos da poesía lírica galego-portuguesa medieval. Foi nomeado doutor honoris causa das Universidades de Santiago de Compostela e de Barcelona. Foi socio do Institut d´Estudis Catalans e da Academia das Ciências de Lisboa, e un prestixioso especialista da literatura galego-portuguesa, catalá[2], provenzal e francesa.
Ademais, Giuseppe Tavani tamén é tradutor de obras literarias galegas e portuguesas para o italiano.
Obra editar
- Poesia catalana di protesta (1968)
- Preistoria e protostoria delle lingue ispaniche (1968)
- Raimon, canzoni contro (1971)
- Foix, Pere Quart, Espriu: tres maneres de fer poesia (1976)
- Méthodologie et pratique de l'édition critique des textes littéraires contemporains (1985)
- A poesía lírica galego-portuguesa (1986, Galaxia)
- "Martin Codax, o seu cancioneiro e o pergaminho Vindel" en Ensaios portugueses, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, Lisboa, 1988, pp. 267–285.
- A poesía de Airas Nunez (1992, Galaxia)
- Dicionário da Literatura medieval Galega e Portuguesa (1993), sendo coordinadores Giulia Lanciani e G. Tavani.
- Breu història de la llengua catalana (1994)
- As cantigas de escarnio (1995), en colaboración con Giulia Lanciani.
- Per una història de la cultura catalana medieval (1996).
Notas editar
- ↑ Ficha Arquivado 22 de marzo de 2019 en Wayback Machine. na páxina web da Editorial Galaxia.
- ↑ "Misionero" del catalán, El País, 20 de xaneiro de 2015 (en castelán).
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Tavani, Giuseppe". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Monteagudo, H. (2011). "Giuseppe Tavani, filólogo maxistral, amante da poesía e grande amigo de Galicia". pp. 110–111. Grial nº 189. Galaxia.