Giovanni Battista Sammartini
compositor italiano
Giovanni Battista Sammartini, nado en Milán cara a 1700 ou 1701 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1775, foi un organista e compositor italiano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1700 Milán |
Morte | 15 de xaneiro de 1775 (74/75 anos) Milán |
Mestre de capela | |
1728 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Ducado de Milán |
Actividade | |
Ocupación | compositor , musicólogo , profesor de música , director de orquestra , organista , mestre de capela |
Período de actividade | 1732 - |
Xénero artístico | Ópera, Sinfonía, sonata e música religiosa (pt) |
Movemento | Música barroca |
Alumnos | Christoph Gluck |
Lingua | Lingua italiana |
Instrumento | Órgano e violín |
Familia | |
Pai | Alexis Saint-Martin (en) |
Irmáns | Giuseppe Sammartini (pt) |
|
Traxectoria editar
Fillo dun oboísta francés trasladado a Milán. O seu irmán Giuseppe Sammartini era oboísta e tamén compositor.
Organista na Sant'Ambrogio de Milán e noutras igrexas, xogou un papel de primeiro plano na vida musical milanesa. Tivo como discípulo a Christoph Willibald Gluck e influíu en Mozart.
Compuxo música sacra, teatral e unha boa cantidade de música instrumental: sonatas, tríos, cuartetos, quintetos, concertos e sobre todo sinfonías, nas que anticiparía a forma que se desenvolvería no período clásico. Destas últimas foron rexistradas máis de setenta.
Obras editar
- Óperas: Memet, drama en tres actos
- Sonatas: para órgano, para violoncello, para violín, para frauta, sonatas para trío (por exemplo frauta, violín e baixo continuo)
- Concertos: para violoncello e piccolo, para violín, para frauta
- Sinfonías: unhas 70.