Gerardo Castro Montoya
impresor e xornalista español
Gerardo Castro Montoya, finado en Lugo o 21 de maio de 1928[1], foi un impresor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 21 de maio de 1928 Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | impresor , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Tipógrafo que chegou a Lugo a finais do século XIX para facerse cargo da Imprenta Católica. Foi director de El Heraldo (1892-1893) e en 1894 mercoulle a Manuel Soto Freire a imprenta de El Lucense e pasou a ser o novo director do periódico; dirixiu despois La Razón (1912-1914). Imprimiu O Gaiteiro de Lugo e obras de Ramón Salgado Toimil e Miguel García Teijeiro.
Vida persoal editar
Casou con Juana Lamas Neira e o seu fillo Gerardo Castro Lamas sucedeuno na imprenta.
Notas editar
- ↑ El Regional, 22-5-1928, p. 3.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Pardo-Gil Magadán, Mª José (2004). "Notas sobre el Lugo anterior a la guerra civil y su ambiente literario. El primer Ánxel Fole" (PDF). CROA: Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga (14): 55–70. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2014.