Gediminas Žylė

baloncestista lituano

Gediminas Žylė, nado o 24 de novembro de 1988 en Vilnius, é un xogador profesional de baloncesto lituano.

Gediminas Žylė
Información persoal
Nacemento 24 de novembro de 1988 (35 anos)
Lituania Vilnius
Nacionalidade Lituania Lituania
Altura 2,10 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 95 kg (209 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Klaipėdos Nafta-Universitetas (2006–2008)
Neptūnas Klaipėda (2008–2009)
Kauno Kaunas (2009)
Aisčiai Kaunas (2009–2010)
BC Žalgiris-2 (2010–2011)
LSU-Baltai (2011–2012)
BC Nevėžis (2012–2013)
Iraurgi SB (2013–2014)
CSU Sibiu (2014–2015)
Básquet Coruña (2015–2017)
Iberostar Palma (2017–2018)
Melilla Baloncesto (2018–2019)
Básquet Coruña (2020–2021)

Traxectoria editar

O 30 de xullo de 2015, anunciouse a fichaxe de Žylė polo Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.[1] Tras unha segunda parte da tempada moi notable, o club coruñés anunciou a renovación de Žylė por unha tempada máis.[2] Nesta segunda tempada, Žylė acadou 11.1 puntos e 3.8 rebotes por encontro.

Para a tempada 2017/18, Žylė asinou co Iberostar Palma da LEB Ouro,[3] facendo 10.1 puntos e 4.2 rebotes por partido. A tempada seguinte, Žylė fichou polo Club Melilla Baloncesto, pero en maio de 2019 mancouse o tendón rotuliano do xeonllo esquerdo e despediuse da tempada.[4]

Tras máis dun ano de recuperación do seu xeonllo, Žylė volveu ó Básquet Coruña para a tempada 2020/21.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar