Gavin Glinton

futbolista das Illas Turks e Caicos

Gavin Glinton, nado o 1 de marzo de 1979 en Gran Turca, é un adestrador e exfutbolista das Illas Turks e Caicos.

Gavin Glinton
Información persoal
Nome Gavin Glinton
Nacemento 1 de marzo de 1979
Lugar de nacemento Gran Turca
Altura 1,80 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual New Mexico United (2º adestrador)
Carreira xuvenil
1998–2001 Chicago Fire FC
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001 Chicago Fire Sub-23 12 (13)
2015 Los Angeles Galaxy 31 (3)
2003 Dallas Burn 10 (0)
2006 Charleston Battery 26 (13)
2006–2007 Los Angeles Galaxy 20 (4)
2008 San Jose Earthquakes 6 (0)
2009 Carolina RailHawks 16 (2)
2010–2011 Nam Dinh 45 (18)
Selección nacional
2004–2014 Turks e Caicos 10 (4)
Na rede
FIFA: 210361 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu nas Illas Turcas e Caicos e criouse en Livermore, California, onde asistiu á Livermore High School. Alí xogou ao fútbol no Tri-Valley Soccer Club e no Silicon Valley Ambassadors. Posteriormente xogou catro anos no equipo de fútbol da Universidade Bradley, marcando 53 goles. Ingresou no Salón da Fama da Universidade Bradley en 2012 e no Salón da Fama da Missouri Valley Conference en 2014. Durante os seus anos universitarios tamén xogou co equipo sub-23 do Chicago Fire FC.

Como profesional editar

En 2002 foi elixido no draft polos Angeles Galaxy da Major League Soccer e ao ano seguinte pasou a xogar no Dallas Burn. Militou neste equipo dúas tempadas, xogando 44 partidos e marcando dous goles. En 2004, tomou un descanso do fútbol profesional para ser segundo adestrador na Universidade Bradley.

En 2006 uniuse ao Charleston Battery, equipo da USL First Division. Despois dunha boa tempada, na que fixo 13 goles e foi elixido "MVP ofensivo" polos afeccionados, Glinton foi convocado polo Galaxy. Alí foi suplente case toda a tempada, na que tivo como adestrador a Frank Yallop, e marcou 4 goles. A continuación foi con Yallop para o San Jose Earthquakes, e en febreiro de 2009, probou sen éxito durante dúas semanas co St Patrick's Athletic da Liga irlandesa, onde chegou a xogar un amigable contra o Chelsea.[1][2] Ese mesmo mes asinou co Carolina RailHawks da da USL First Division. En marzo de 2010 fichou polo Nam Định FC da V-League de Vietnam.

Selección nacional editar

Foi internacional en dez ocasións coa selección de Turks e Caicos, unha das de peor nivel do mundo, sendo o máximo goleador da súa historia, con catro goles.[3] Foi autor dun dos dous goles na primeira vitoria internacional da selección, nun partido da Copa do Caribe contra o combinado das Illas Caimán en Cuba.

Vida persoal editar

O seu irmán máis novo, Duane Glinton, tamén xogou na selección nacional, tendo o récord de partidos disputados con esta ata que foi superado por Philip Shearer.

Palmarés editar

Los Ángeles Galaxy

Notas editar

  1. "Pats Snap Up Latvian Star" (en inglés). 23 de febreiro de 2009. Consultado o 8 de maio de 2021. 
  2. "St Patrick's Athletic 2 - Chelsea 2" (en inglés). 18 de febreiro de 2009. Consultado o 8 de maio de 2021. 
  3. "Estatísticas da selección das illas Turks e Caicos". rsssf.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2021. 

 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar