Los Angeles Galaxy

Los Angeles Galaxy é un equipo de fútbol de Estados Unidos, da cidade dos Ánxeles (California). Xoga na Major League Soccer dende o ano 1995, ue é o ano da fundación da MLS e do club. O LA Galaxy xoga como local no StubHub Center en Carson, California dende 2003. É un dos euipos máis laureados na historia da MLS con cinco MLS Cup [1].

Los Angeles Galaxy
NomeLos Angeles Galaxy
Fundación1995
EstadioThe Home Depot Center,
Carson, California
Estados Unidos
Inauguración2003
Capacidade27.000
Propietario AEG
AdestradorAlemaña Sigi Schmid
LigaMajor League Soccer
2017Oeste: 11º
Global: 22º
Playoffs: Non clasificado
Na rede
http://www.lagalaxy.com/
Facebook: lagalaxy Twitter: lagalaxy Instagram: lagalaxy Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

É o equipo estadounidense no que xogaron mellores xogadores, como David Beckham, Steven Gerrard ou Robbie Keane.

Historia editar

Primeiros pasos: editar

Los Angeles Galaxy foron un dos dez equipos que fundaron a Major League Soccer que comezou a xogarse no ano 1996. Na súa primeira tempada o equipo quedou primeiro na liga regular na Conferencia Oeste, e chegou a final da MLS Cup perdendoa fronte o D.C. United. Na seguinte tempada, acabaron segundos na fase regular e eliminados na primeira rolda dos playoffs. Tanto no ano 1998 como no 1999 quedou primeiro na fase regular. No ano 1999 volveu a chegar a final e volveuna a perder fronte o D.C. United.

No ano 2000 logran gañar o seu primeiro e único título internacional ata hoxe, a Copa de Campións da CONCACAF obtida fronte ao Olimpia de Honduras. Os seus dous primeiros títulos da MLS Cup foron obtidos nos anos 2002 e 2005. O do 2002 foi fronte ao New England Revolution, cun gol de ouro do guatemalteco Carlos "Pescadito" Ruiz no minuto 105 da prórroga; e o do 2005 foi conseguido grazas a outro gol de ouro, esta vez do guatemalteco Guillermo "Pando" Ramirez, ante o mesmo New England Revolution.

Era Beckham editar

O 11 de xaneiro de 2007 foi anunciada a contratación do xogador inglés David Beckham trala finalización do seu contrato co Real Madrid, incorporándose así en xuño de 2007. O xogador ingresará un total de 193 millóns de euros polas cinco tempadas nas que defenderá ao club dos Anxos, en concepto de salario e dereitos de imaxe. A repercusión do fichaxe non tardou en facerse notar, xa que nas catro horas posteriores ao anuncio da contratación, o número de abonados do club incrementouse en 1.000 novos socios.

No ano 2009 lograron chegar de novo a MLS Cup perdendo nos penaltis(5-4) fronte o Real Salt Lake. Nos anos 2010 e 2011 gañaron a MLS Supporters' Shield, no 2011 tamén lograron gañar a MLS Cup por terceira vez na súa historia. O ano 2012 foi un ano importante para o equipo californiano xa que volveu gañar a MLS Cup, como o ano anterior fronte o Houston Dynamo, e ademais foi o ano da despedida de David Beckham do club, xa que decidiu marchar ao PSG francés. Despois da saídado inglés, anunciouse a chegada doutra estrela, o internacional irlandés Robbie Keane.

A quinta editar

Tras a marcha da estrela inglesa, os anxelinos fixeron unha boa tempada rematando en terceira posición na fase regular e caendo nas semifinais dos playoofs. Ademais de chegar as semifinais da Liga de Campións da CONCACAF. 'Los Angeles Galaxy conseguiron a súa quinta MLS Cup no ano 2014, e como xa o fixera nas dúas primeiras fronte o New England Revolution [1]. A final da tempada anunciouse unha saída e unha entrada importante. O dianteiro da selección estadounidense, Landon Donovan anunciaba a súa retirada [2]. Pero chegaba a California o capitán do Liverpool, Steven Gerrard.

No ano 2016 Bruce Arena, adestrador e director deportivo abandonaba o club para dirixir á selección de fútbol dos Estados Unidos. E o equipo notou a súa perda xa que na seguinte tempada quedaron fóra dos playoffs por cuarta vez na súa historia e por primeira vez, como peor equipo da liga.

Xogadores editar

Actualizado a 1 de abril de 2018.[3]

Posto País Xogador
1 POR   David Bingham
2 MED   Perry Kitchen
3 DEF   Ashley Cole
4 DEF   Dave Romney
5 DEF   Daniel Steres
6 MED   Baggio Husidić
7 MED   Romain Alessandrini
8 MED   Jonathan dos Santos
9 DIA   Zlatan Ibrahimović
10 DIA   Giovani dos Santos
11 DIA   Ola Kamara
12 POR   Brian Sylvestre
14 MED   Servando Carrasco
Posto País Xogador
15 DIA   Ariel Lassiter
16 DEF   Jorgen Skjelvik
17 MED   Sebastian Lletget
19 DIA   Chris Pontius
20 DEF   Tomas Hilliard-Arce
21 DEF   Hugo Arellano
22 DEF   Emrah Klimenta
24 MED   Emmanuel Boateng
25 DEF   Rolf Feltscher
28 DEF   Michael Ciani
38 DIA   Bradford Jamieson IV
88 POR   João Pedro

Palmarés editar

Torneos nacionais editar

Torneos internacionais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Quinta Copa MLS". 12 de decembro de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  2. "Retirada de L. Donovan". 8 de agosto de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 
  3. "Plantél". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.