Galiza Contrainfo

Galiza Contrainfo é un medio de comunicación comunitario galego de contrainformación, alternativo, autoxerido e sen ánimo de lucro cuxos inicios datan de febreiro de 2010,[1][2] aínda que o seu primeiro vídeo é de 2013.[3] Os seus traballos son en formato fotográfico e audiovisual e difúndense principalmente a través das redes sociais, aínda que tamén o fan a través de Nós Televisión. Está centrado na gravación e difusión de acontecementos sociais como manifestacións ou protestas de temática feminista, ecoloxista ou nacionalista galega, así como na análise da situación política do momento. En 2018 produciu o documental Un país de cinzas.[4]

Galiza Contrainfo
TipoMedio de comunicación
FundaciónFebreiro de 2010
TendenciaNacionalismo galego
Lingualingua galega
ÁmbitoGaliza
Na rede
Facebook: galizacontrainfo Twitter: gzcontrainfo Instagram: gzcontrainfo Youtube: UCoI5XWjxK8haSNDqNzcNdWg Flickr: 47009921@N02 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Notas editar

  1. "Galiza Contrainfo". www.facebook.com. Consultado o 2019-03-19. Comezo en febreiro de 2010, Galiza Contrainfo é unha iniciativa independente, non comercial e autoxerida de contra-información audiovisual galega. 
  2. "manifestaçom do foro da mocidade de vigo (21-01-2010)". 2010-01-21. Consultado o 2019-03-19. 
  3. Insurrección en Grecia tralo asasinato policial de Grigoropoulos (6-8 de decembro do 2008) (Galiza Contrainfo). 11/03/2013. 
  4. "Un país de cinzas". Nós Televisión. 2018-10-17. Consultado o 2019-03-19. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar