Francisco Ponte Ces
Francisco Ponte Ces, nado en Lousame cara a 1902 e executado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un zapateiro e político e sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 Lousame, España |
Morte | 3 de decembro de 1936 (33/34 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | zapateiro , sindicalista , político |
Traxectoria editar
Zapateiro en Santiago de Compostela. Militante do Sindicato de construtores de calzado de Compostela da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra o 19 de novembro xunto cos demais membros do Comité de Defensa da República de Compostela, José Germán Fernández, Manuel Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Luis Rastrollo González, Luís Martínez Nouche, José Maroño Calvo, Jesús Lema Lema, Rafael Pardo Carmona, Fernando Domínguez Caamaño, Rafael Frade Peña e José Carnero Valenzuela,[1] acusados de traizón, foron condenado a pena de morte. Excepto Jesús Lema e José Carnero, foron executados no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.[2]
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-186-9.
Ligazóns externas editar
- Francisco Ponte Ces na páxina web Nomes e Voces.