Francisco Bao Rodríguez

futbolista español

Francisco Bao Rodríguez máis coñecido como Sansón, nado en Lavadores (Vigo) o 20 de abril de 1924 e finado en Vigo o 13 de febreiro de 2012,[1] foi un futbolista galego moi polivalente que xogaba na demarcación de defensa. Mantivo durante máis de 80 anos o récord de futbolista que debutou con menos idade na Primeira División Española,[2] ata que a marca foi superada en 2020.

Infotaula de personaFrancisco Bao Rodríguez
Biografía
Nacemento20 de abril de 1924 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 2012 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor em Wikidata - 1956 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1939-1941 Real Club Celta de Vigo 6(0)
1941-1944 Cultural Leonesa
1944-1945 Real Sporting de Gijón 6(0)
1945-1950 Real Oviedo 115(1)
1950-1955 Real Club Celta de Vigo 40(0)
1955-1956 Xerez Club Deportivo 3(0) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formouse no Fútbol Club Vigués, que por aquel entón xogaba na segunda categoría do Campionato galego e actuaba como filial do Celta de Vigo, ata que na tempada 1939-40 sobe ao primeiro equipo pola súa gran fortaleza física, que lle granxeou o alcume de Sansón, para disputar a primeira tempada do club en Primeira División. Debutou o 31 de decembro de 1939 no campo do Sevilla FC aos 15 anos e 255 días, converténdose no xogador máis xove en debutar en Primeira División da historia da Liga española de fútbol, récord que se mantivo ata 2020, cando foi superado polo xogador do RCD Mallorca Luka Romero. Con todo, mantén a marca de titular de menos idade.[3]

Porén en Vigo militaría so dúas tempadas ao ser demasiado xove para manter o nivel durante todo a campionato de liga. Sansón fichou pola Cultural y Deportiva Leonesa, coa que acada o ascenso a Segunda División.

En 1943 fichou polo Sporting de Xixón, co que en dúas tempadas ascende a Primeira División, ao ano seguinte pasa a militar ao Real Oviedo onde xogaría cinco tempadas sendo un xogador importante do equipo. En 1950 volve ao Celta, onde a súa mellor tempada foi a 1952-53 facéndose cun sitio no once titular. Porén en 1955 non acepta a oferta de renovación do Celta e ficha polo Xerez CD, onde se retirou con 31 anos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Marcos L. Bacariza (2 de abril de 2008). "Sansón". Yo jugué en el Celta (en castelán).