Campionato de Galicia de fútbol

O Campionato de Galicia foi a máxima competición regular de fútbol do país durante as primeiras décadas do século XX. O seu precursor foi o Campionato de Galicia non oficial organizado polo Vigo Foot-ball Club entre 1905 e 1912. A partir de 1913, a Federación Galega de Fútbol comezou a organizar o campionato galego de xeito oficial. Dende a segunda edición oficial, o torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España, de manera semellante aos outros campionatos territoriais do resto do estado. A medida que o campionato foi crecendo, fóronse creando varias divisións inferiores (Serie B e Serie C), recibindo o nome de Serie A a primeira categoría. Durante certo tempo, o torneo coexistiu co actual sistema de ligas estatais creado en 1929. Foi eliminado en 1940 por decisión da FEF.

Campionato de Galicia
Serie A
Fundación1913
Desaparición1940
RexiónGalicia Galicia
EquiposVariable
AscensoCampionato Mancomunado Galaico-Ástur (1934-36)
DescensoSerie B
Máis laureadoDeportivo da Coruña
Celta de Vigo
(6 títulos cada un)
OrganizadorFGF

Historia editar

Campionato non oficial, organizado polo Vigo F.C. editar

 
Trofeo do campionato organizado polo Vigo F.C.

O Campionato de Galicia comezou a organizarse no ano 1905 de forma non oficial, xa que aínda non existía a Federación Galega de Fútbol, e foi un dos torneos pioneiros do fútbol galego xunto á Copa Compostelá, a Copa Pontevedra e o Campionato de Galicia e Asturias xogado na Coruña.[1] O torneo era organizado polo Vigo Foot-ball Club e para participar na competición tan só era preciso que o club estivese legalizado.[2] O trofeo en disputa era unha copa de prata de once quilogramos sostida por unha peaña de ébano, a cal foi doada polo rei Afonso XIII despois dunha petición dos organizadores, feito que provocou que naquela altura o campionato fose coñecido tamén como Copa do Rei.[3]

Na primeira edición do campionato, xogaron a final o Fortuna Foot-ball Club e mailo Vigo Foot-ball Club,[4] sendo proclamado campión o Fortuna varios meses despois,[5][6] tras diversos enfrontamentos entre as directivas de ámbolos dous clubs.[7][8][9] No torneo do ano seguinte xogan a final os dous mesmos equipos, e despois de dous partidos rematados con empate,[10][11] o Fortuna gañou un terceiro encontro e revalidou o título.[6][12] A terceira edición do campionato foi xogada en formato de liga, proclamándose campión o Vigo F.C. e subcampión o Fortuna.[13][14] O Vigo volveu gañar o torneo ao ano seguinte tras vencer na final ao Pontevedra Sporting Club.[14][15] Na quinta edición foi campión o Fortuna de Vigo despois de gañar a semifinal contra o Español F.C. de Vigo e que non se presentase á final o Victoria de Pontevedra.[16][17] O Fortuna volveu gañar ao ano seguinte en circunstancias parecidas, xa que o Real Club Coruña non se presentou para disputar a final do torneo.[18] A sétima e derradeira edición do torneo foi gañada polo Fortuna fronte ao Vigo tras unha final a dobre partido, ficando os fortunistas co trofeo en propiedade despois desta vitoria.[19][20]

Cando rematou a disputa do primeiro trofeo, o rei Afonso XIII doou unha nova Copa do Rei ao Vigo Foot-ball Club para que a puxese en disputa nas vindeiras edicións do Campionato. A nova copa, que viña gardada nun elegante estoxo, era de prata dourada cunha peaña de madeira vernizada e tiña gravado o emblema do monarca e a inscrición “Vigo Foot-ball Club. Premio de S.M. el Rey”.[21][22] O Vigo non chegou a organizar un novo campionato e decidiu doar esta copa á Federación Galega de Fútbol para que fose o premio do primeiro Campionato de Galicia oficial.[23][24] A cambio desta doazón e da renuncia a calquera intervención deportiva ou económica na organización do Campionato, a Federación entregaría ao Vigo F.C. outra copa para que este organizase un concurso provincial.[25]

Campionato de Galicia oficial, organizado pola F.G.F. editar

Primeiras edicións oficiais editar

A Federación Galega de Fútbol comezou a organizar o torneo de xeito oficial a partir da tempada 1913/14.[26] Unicamente se inscribiron o Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo,[27] resultando gañador do torneo o Vigo Sporting.[28][29][30] Nesta edición non se outorgaba a representanción galega no Campionato de España, que xa fora dirimida noutra competición eliminatoria xogada con anterioridade á data de realización do Campionato de Galicia,[31][32] dado que na Asemblea da Federación se establecera que ambas as dúas competicións fosen disputadas separadamente.[25]

No torneo da seguinte tempada, o Real Club Coruña sufriu unha polémica descualificación[33] que logo foi revogada pola RFEF[34][35] aínda que non deu tempo para facer efectiva a decisión do órgano estatal[36] e finalmente proclamaríase campión o Fortuna de Vigo. Dende esta segunda edición do campionato, ademais da disputa do propio título de campión galego, o torneo tamén servía para obter a clasificación para a Copa de España.[37]

O campionato non disputado editar

No verán de 1915, unha selección de xogadores do Vigo Sporting e do Fortuna de Vigo acudiu a Lisboa para xogar un partido amigábel despois de recibir unha invitación. Os regulamentos da RFEF acabados de aprobar obrigaban a notificar a disputa de encontros internacionais con 15 días de antelación.[38][39] Os xogadores viaxaron igualmente a Lisboa e a FGF notificou o asunto á RFEF, a cal autorizou á FGF para que impuxese as sancións que considerase oportunas “tendo presente que prefería que sufrise menoscabo o prestixio do Comité Nacional a que se causase prexuízo ao desenvolvemento da vida futbolística galega”.[40] A FGF sancionou o Vigo Sporting, suspendendo da competición a todos os seus equipos durante un ano e impoñendolle unha multa de 500 pesetas, namentres que os seis xogadores do Fortuna que viaxaron a Lisboa foron sancionados de xeito indiviual, sendo suspendidos por un ano, e o Fortuna como club non foi sancionado.[38][41] Algúns clubs pediron até en dúas ocasións que se realizase unha asemblea para discutir o tema, sendo denegadas as respectivas peticións pola directiva da FGF.[40][42] Neste contexto e xa no mes de novembro, o Deportivo Auténtico e o Real Club Coruña, que ían participar no Campionato de Galicia desa tempada xunto co Fortuna,[43][44] retiráronse do mesmo e formaron a Unión Galega de Clubs xunto co Vigo Sporting,[40] organizando un campionato propio no que tomaron parte os tres clubs desconformes coa FGF.[45][46] Este Campionato da Unión foi coñecido tamén como o campionato de honra[47] e foi gañado polo Vigo Sporting. Por outra parte, despois de se retiraren o Deportivo Auténtico e o Coruña, o comité da FGF proclamou campión oficial ao Fortuna sen ter que xogar ningún partido.[48][49]

No mes de febreiro de 1916, o comité nacional da RFEF decidiu levantar a sanción que impuxera a FGF ao Vigo Sporting e aos xogadores do Fortuna.[50][51] Ese mesmo mes foi celebrada unha asemblea extraordinaria da RFEF, na que a representación da FGF entregou un escrito en protesta e abandonou a reunión.[52][53] As outras tres federacións que conformaban a RFEF (Cataluña, Norte e Centro) acordaron dar de prazo ata o 15 de marzo para que a FGF arranxase o problema do fútbol galego ou sería expulsada da federación estatal.[53][54] Galicia foi excluída da Copa de España por non solucionar os seus problemas internos antes da devandita data.[55] A final do campionato, que nun principio estaba planeado que se xogase en Galicia, foi trasladada finalmente a Barcelona.[56] A directiva da FGF presentou a súa dimisión e foi elixida unha nova directiva.[57] Finalmente, unha asemblea da FGF en xuño de 1916 decidiu anular o Campionato de Galicia 1915/16 e non considerar campión ao Fortuna nin a ningún outro equipo.[58]

O preito Vigo-Fortuna pola Copa do Rei editar

O campionato da tempada 1917/18 foi gañado polo Fortuna de Vigo,[59][60] pero posteriormente sería anulado. Na edición de 1918/19 proclámase campión o Vigo Sporting, que tamén gañara o campionato da tempada 1916/17, correspondéndolle dese xeito a Copa do Rei en propiedade por ser o primeiro club en gañar tres veces o campionato.[48][49] O Fortuna, campión da temporada anterior, négase a entregar o trofeo ao Vigo Sporting, argumentando que o Fortuna é o posuidor lexítimo do torneo baseándose en que o campionato non disputado da tempada 1915/16 fora outorgado pola directiva da FGF (decisión que fora anulada posteriormente, cando se arranxou o problema xurdido aquela tempada[58]) ao club fortunista e polo tanto foi este o primeiro en gañar tres veces o campionato. A FGF ordena que o Fortuna entregue o trofeo, pero estes non aceptan a decisión e son excluídos do campionato polo órgano federativo. O Fortuna agarda entón por unha decisión da RFEF, que non dá chegado, ante o cal decide abandonar a FGF e unirse á Liga Rexional de Clubs de Fútbol.[61][62][63] Paralelamente, o Fortuna formaliza unha queixa ante o gobernador civil da provincia de Pontevedra, que anula a asemblea da FGF de decembro de 1918 por irregularidades na representación do Pontevedra Athletic Club e do Deportivo da Coruña.[64][65][66][67] En novembro de 1919, celébrase unha asemblea da FGF na que se anula o Campionato de Galicia 1917/18 que gañara o Fortuna.[68][69][70] Noutra nova asemblea levada a cabo no mesmo mes, considérase ao Pontevedra Athletic herdeiro dos dereitos federativos do Pontevedra Sporting Club e ao Deportivo da Coruña herdeiro dos dereitos federativos do Deportivo Auténtico.[71] En xuño de 1920, anúnciase un acordo entre o Fortuna e o Vigo para solucionaren o problema do trofeo, segundo o cal o Fortuna reingresaría na FGF séndolle perdoadas as sancións, aínda que tendo que pagar o que debe, e a Copa do Rei sería posta outra vez en disputa.[72] Porén, o acordo final non se acadaría até decembro do mesmo ano, cando se pactou que o Fortuna entregaría o trofeo á FGF, esta ao Vigo Sporting, e este último á RFEF en propiedade.[73]

O torneo da tempada 1919/20 xogouse mentres o Vigo e o Fortuna mantiñan o litixio pola Copa do Rei. Nesta edición inicialmente ían participar o Vigo Sporting, o Deportivo da Coruña, o Real Club Coruña e o Pontevedra Athletic,[71] pero o Coruña retirouse do campionato antes da primeira xornada[74] e o Athletic non se presentou a xogar os partidos,[75] ficando o torneo nun cara a cara entre o Vigo e o Deportivo, do que saíu campión o equipo vigués.[76][77] O Fortuna non puido participar por estar fóra da FGF naquel momento.

Da alternancia Vigo-Fortuna á alternancia Celta-Deportivo editar

Nun principio o Campionato só constaba dunha categoría pero a partir da tempada 1919/20 pasou a constar de dous divisións: a Serie A e a Serie B,[78] e en 1923 celebrouse por primeira vez unha terceira categoría: a Serie C.[79][80] Entre todas estas categorías realizábanse ascensos e descensos, de forma semellante ao sistema de divisións da Liga española de fútbol aparecido en 1929.

As edicións de 1920/21 e 1921/22 foron gañadas polo Fortuna de Vigo[81][82] e a edición de 1922/23 foi gañada polo Vigo Sporting,[83] sendo esta a última edición xogada antes da fusión de ambos os clubs para formaren o Celta de Vigo. A partir deste suceso, o ata daquela tradicional dominio no campionato compartido polo Fortuna e Vigo Sporting dará paso á nova alternancia entre o Celta e o Deportivo da Coruña. A rivalidade entre estes dous equipos comeza axiña xa que varios xogadores do Vigo Sporting (Luis Otero, Chiarroni e Ramón González) non aceptan incorporarse ao novo club vigués xurdido da fusión e deciden fichar polo Deportivo, producindo unha denuncia do Celta ante a FGF que descualifacará o Deportivo da edición 1923/24,[84] decisión que será revogada pola RFEF despois dun recurso do club herculino.[85][86][87][88] Durante este periódo o Celta de Vigo domina o campionato e gaña tres torneos consecutivos entre 1923 e 1926.[89][90][91] En 1927 o Deportivo consegue o seu primeiro campionato[92] e gaña tamén a seguinte edición en 1928.[93][94] O Racing de Ferrol conseguiu romper o dominio destes dous clubs e gañou o campionato 1928/29.[95] Entre 1929 e 1934, o Celta gañou tres campionatos e o Deportivo outros dous.[96][97][98][99][100]

Coexistencia cos campionatos superrexionais editar

En 1934, a FEF leva a cabo unha reestruturación do fútbol estatal e crea unha serie de campionatos interrexionais, denominados oficialmente Superrexionais, situados xerarquicamente por riba dos campionatos rexionais tradicionais (agás no caso do Campionato de Cataluña, que mantén o seu nivel de facto ao integrar en exclusiva un único grupo Superrexional) e nos cales tomarán parte os equipos máis potentes que ata entón participaban nos respectivos campionatos rexionais.[101][102][103][104][105] Galicia e Asturias son agrupadas no Superrexional Grupo 1º, coñecido popularmente como Campionato Mancomunado Galaico-Ástur, ficando encadrados na primeira edición disputada na tempada 1934/35 os clubs Celta de Vigo, Deportivo da Coruña e Racing de Ferrol,[106] aínda que o torneo foi interrompido debido a problemas políticos en Asturias, onde tivo lugar a Folga xeral revolucionaria de 1934. Como resultado dividiuse o torneo en dous grupos paralelos: o galego e o asturiano,[107] nos que o Celta e o Oviedo F.C. resultaron gañadores respectivamente.[108] Así e todo, este non se pode denominar Campionato de Galicia, xa que nel tan só competían os tres clubs que formaban o sector galego do campionato superrexional. O Campionato de Galicia da Serie A foi gañado polo Unión Sporting Club de Lavadores.[109]

Ao ano seguinte volveuse disputar o Campionato Mancomunado Galaico-Ástur. Esta vez a representación galega estivo formada polo Celta, o Deportivo e o Unión Sporting, que como consecuencia non participaron no Campionato de Galicia. Sería o Oviedo F.C. quen gañaría o mancomunado galaico-asturiano, finalizando o Unión Sporting subcampión.[110] Esta sería a derradeira vez que se disputou. O 29 de maio de 1936, galegos e asturianos solicitaron a división do grupo superrexional perante a Asemblea anual da Federación Española de Fútbol, séndolles concedida.[111][112] Ao mesmo tempo, disputouse o Campionato de Galicia e foi gañado polo Club Lemos.[113] Neste mesmo ano, dispútase a primeira Copa Galicia, tomando parte nela os equipos que participaran nos dous devanditos campionatos.

Guerra Civil editar

En xullo de 1936 estala a Guerra Civil e en outubro a FEF suspende as competicións a nivel estatal, pero permitindo ás federacións territoriais organizar as súas propias competicións oficiais se a situación así o permite.[114] Galicia, ao estar afastada da fronte de batalla, continúa a desenvolver actividade futbolística malia as graves dificultades por mor da guerra. Así pois, a Asemblea da FGF decide organizar o Campionato de Galicia da tempada 1936/37,[115] no que se proclama campión o Deportivo da Coruña.[116]

Na primavera de 1937, constitúese unha FEF paralela na zona golpista, presidida por Luciano Urquijo e con sede en Donostia,[117][118] que intenta asumir as prerrogativas da FEF con sede en Madrid, aínda que daquela dirixida dende a delegación de Barcelona. Prodúcese entón unha dualidade federativa, que a FIFA acaba aceptando de forma provisional.[119] Galicia, ao atoparse na área controlada polos sublevados, queda baixo a xurisdición da FEF de Donostia. En decembro, Urquijo declara que deu instrucións ás federacións territoriais para organizaren campionatos desa categoría.[120][121][122] A FEF de Donostia dá instrucións para reorganizar as federacións territoriais, nomeando un xestor único, cuxa primeira misión será a de organizar as competicións oficiais.[123][124][125]

A edición 1937/38, titulada Copa Corpo de Exército de Galicia,[126][127] é gañada polo Racing de Ferrol.[128] O torneo de 1938/39 é gañado tamén polos ferroláns,[129] outorgándolle a clasificación para a recentemente estreada Copa do Xeneralísimo, na que os racinguistas chegaron á final.

Ao finalizar a guerra, os campionatos disputados durante a mesma en ambas as zonas (sublevada e gobernamental) non foron anulados, aínda que non se tiveron en conta para os efectos de ascensos e descensos de categoría (Circular nº 3 de 12 de agosto de 1939), do mesmo xeito que a situación legal das licenzas de xogadores retrotraeu á existente ao fin da tempada 1935/36 (Asemblea da FEF do 22, 23 e 24 de xullo de 1939).[114]

Derradeira edición e supresión editar

Acabada a guerra e co réxime franquista xa instaurado, xogouse a derradeira edición do campionato, correspondente á tempada 1939/40, proclamándose campión o Deportivo da Coruña e subcampión o F.C. Vigués.[130]

Para a tempada 1940/41, o Comité Directivo da FEF presidido por Luis Saura del Pan (médico e ex xogador do Real Madrid) decidiu suprimir de facto todos os campionatos rexionais, agás o canario, excluíndo de participar nos mesmos aos equipos encadrados no campionato estatal de Liga[131][132] e modificando o sistema de clasificación para a Copa de España, que sería outorgada segundo a posición final acadada na propia Liga.[131][133] Deste xeito, a Serie A —rebautizada como Preferente décadas máis tarde— converteuse na primeira división territorial galega dentro da Liga española. Antes desta reestruturación, os equipos galegos que participaban nas ligas estatais continuaban a participar simultaneamente no Campionato de Galicia, coa excepción das tempadas 1934/35 e 1935/36, que o fixeron no Galaico-Ástur.

Despois da eliminación do campionato, a Federación Galega de Fútbol organizou varias edicións da Copa Galicia durante o século XX, aínda que en moitas delas non participaron os equipos galegos que militaban nas divisións estatais máis altas ( e ). Xa no século XXI, volveuse recuperar un torneo de equipos galegos de fútbol no ano 2006 coa creación da Copa Xunta de Galicia, que despois pasaría a chamarse Copa Galiza, pero este proxecto durou poucas edicións.

Historial editar

Edicións non oficiais editar

Campionato de Galicia (organizado polo Vigo F.C.)
Tempada Edición Campión Subcampión
1905-06 I Fortuna de Vigo Vigo F.C.
1906-07 II Fortuna de Vigo Vigo F.C.
1907-08 III Vigo F.C. Fortuna de Vigo
1908-09 IV Vigo F.C. Pontevedra Sporting Club
1909-10 V Fortuna de Vigo Victoria F.C.
1910-11 VI Fortuna de Vigo Real Club Coruña
1911-12 VII Fortuna de Vigo Vigo F.C.

Edicións oficiais editar

Campionato de Galicia (organizado pola F.G.F.)
Tempada Edición Campión Subcampión
1913-14 Vigo Sporting Fortuna de Vigo
1914-15 Fortuna de Vigo Vigo Sporting
1915-16 Non se disputou
1916-17 Vigo Sporting Fortuna de Vigo (?)
1917-18 Anulado
1918-19 Vigo Sporting Fortuna de Vigo
1919-20 Vigo Sporting Deportivo da Coruña
1920-21 Fortuna de Vigo Vigo Sporting
1921-22 Fortuna de Vigo Pontevedra Athletic Club
1922-23 Vigo Sporting Fortuna de Vigo
1923-24 10ª Celta de Vigo Racing de Ferrol
1924-25 11ª Celta de Vigo Deportivo da Coruña
1925-26 12ª Celta de Vigo Deportivo da Coruña
1926-27 13ª Deportivo da Coruña Celta de Vigo
1927-28 14ª Deportivo da Coruña Celta de Vigo
1928-29 15ª Racing de Ferrol Celta de Vigo
1929-30 16ª Celta de Vigo Deportivo da Coruña
1930-31 17ª Deportivo da Coruña Celta de Vigo
1931-32 18ª Celta de Vigo Deportivo da Coruña
1932-33 19ª Deportivo da Coruña Racing de Ferrol
1933-34 20ª Celta de Vigo Deportivo da Coruña
1934-35 21ª Unión Sporting Club Club Lemos
1935-36 22ª Club Lemos Club Coruña
1936-37 23ª Deportivo da Coruña Celta de Vigo
1937-38 24ª Racing de Ferrol Celta de Vigo
1938-39 25ª Racing de Ferrol Deportivo da Coruña
1939-40 26ª Deportivo da Coruña F.C. Vigués

Palmarés editar

Edicións oficiais editar

Club Campión Subcampión Títulos (tempadas)
Deportivo da Coruña 6 7 1926-27, 1927-28, 1930-31, 1932-33, 1936-37, 1939-40
Celta de Vigo 6 6 1923-24, 1924-25, 1925-26, 1929-30, 1931-32, 1933-34
Vigo Sporting 5 2 1913-14, 1916-17, 1918-19, 1919-20, 1922-23
Fortuna de Vigo 3 3/4 (?) 1914-15, 1920-21, 1921-22
Racing de Ferrol 3 2 1928-29, 1937-38, 1938-39
Club Lemos 1 1 1935-36
Unión Sporting Club 1 0 1934-35
Pontevedra Athletic Club 0 1
F.C. Vigués 0 1
Club Coruña 0 1

Notas editar

  1. Carlos Freire Cordeiro (2012). "Primeiros torneos". Todo sobre o fútbol galego. pp. 150–151. ISBN 978-84-9914-446-7. 
  2. "Notas de Sport. Campeonato de Galicia. —Organizado por la Sociedad de Vigo foot-ball Club— Bases.". Noticiero de Vigo nº 5.463 (en castelán). 19 de agosto de 1905. p. 1. 
  3. Carlos Freire Cordeiro (2012). "Campionato de Galicia". Todo sobre o fútbol galego. p. 33. ISBN 978-84-9914-446-7. 
  4. "Notas de Sport. Foot-ball. La Copa de S.M. el Rey". Noticiero de Vigo nº 5.513 (en castelán). 16 de outubro de 1905. p. 2. 
  5. "De Sport". La Correspondencia Gallega nº 4.914 (en castelán). 25 de xuño de 1906. p. 2. 
  6. 6,0 6,1 "El Real Club Fortuna". Vida Gallega nº 2 (en castelán). 1 de febreiro de 1909. p. 8. 
  7. "Del concurso de foot-ball". Noticiero de Vigo nº 5.516 (en castelán). 19 de outubro de 1905. p. 1. 
  8. "Concurso de foot-ball". Noticiero de Vigo nº 5.520 (en castelán). 24 de outubro de 1905. p. 1. 
  9. "Concurso de foot-ball". Noticiero de Vigo nº 5.520 (en castelán). 24 de outubro de 1905. p. 2. 
  10. "Noticias de Sport". Noticiero de Vigo nº 9.608 (en castelán). 16 de xullo de 1906. p. 2. 
  11. "De Sport". La Correspondencia Gallega nº 4.960 (en castelán). 21 de agosto de 1906. p. 2. 
  12. "De Sport". La Correspondencia Gallega nº 4.966 (en castelán). 28 de agosto de 1906. p. 2. 
  13. "Campeonato de foot-ball de Galicia. Desde Vigo". El País nº 7.325 (en castelán). 25 de agosto de 1907. p. 3. 
  14. 14,0 14,1 "Vigo Foot-ball Club". Vida Gallega nº 1 (en castelán). 1 de xaneiro de 1909. p. 23. 
  15. "Foot-ball". El Diario de Pontevedra nº 7.245 (en castelán). 29 de xuño de 1908. p. 3. 
  16. "Foot-ball Association. Campeonato de Galicia". Heraldo de Madrid nº 6.807 (en castelán). 19 de xullo de 1909. p. 5. 
  17. "Miscelánea provincial". La Correspondencia Gallega nº 5.818 (en castelán). 13 de xullo de 1909. p. 2. 
  18. "Notas de sport". El Noroeste nº 5.460 (en castelán). 30 de outubro de 1910. p. 1. 
  19. "De Sport. Campeonato de Galicia". Gaceta de Galicia nº 1 (en castelán). 3 de xaneiro de 1912. p. 2. 
  20. "Galicia. Vigo". El Noroeste nº 5.979 (en castelán). 18 de xaneiro de 1912. p. 1. 
  21. "Campeonato de Galicia. Una copa del Rey". El Eco de Galicia nº 1.679 (en castelán). 9 de febreiro de 1912. p. 2. 
  22. "Campeonato de Galicia. Una copa del Rey". Diario de Galicia nº 956 (en castelán). 8 de febreiro de 1912. p. 1. 
  23. "Federación gallega de foot-ball". El Eco de Galicia nº 2.200 (en castelán). 20 de setembro de 1913. p. 1. 
  24. "Los deportes. Balompié". Diario de Galicia nº 1.515 (en castelán). 14 de decembro de 1913. p. 1. 
  25. 25,0 25,1 "De Sport. Asamblea constituyente de la Federación Gallega de Foot-ball". Progreso: diario independiente nº 1.152 (en castelán). 23 de setembro de 1913. p. 1. 
  26. "Campeonato de Galicia". Noticiero de Vigo nº 11.607 (en castelán). 20 de decembro de 1913. p. 3. 
  27. "Notas deportivas. Campeonato de Galicia". Noticiero de Vigo nº 11.615 (en castelán). 11 de xaneiro de 1914. p. 2. 
  28. "Notas deportivas. Campeonato de Galicia". Noticiero de Vigo nº 11.628 (en castelán). 27 de xaneiro de 1914. p. 1. 
  29. "Notas deportivas. Un banquete". Noticiero de Vigo nº 11.633 (en castelán). 1 de febreiro de 1914. p. 1. 
  30. "Notas deportivas. Un regalo". Noticiero de Vigo nº 11.845 (en castelán). 2 de xullo de 1914. p. 2. 
  31. "Notas deportivas. Campeonato de España". Noticiero de Vigo nº 11.586 (en castelán). 26 de novembro de 1913. p. 1. 
  32. "Los deportes". Diario de Galicia nº 1.527 (en castelán). 30 de decembro de 1913. p. 1. 
  33. "Notas de sport". El Noroeste nº 9.869 (en castelán). 4 de febreiro de 1915. p. 1. 
  34. "Notas de sport. Fin de un pleito". Eco de Galicia nº 2.751 (en castelán). 31 de marzo de 1915. p. 1. 
  35. "Notas de sport". El Noroeste nº 9.925 (en castelán). 1 de abril de 1915. p. 1. 
  36. "Notas de sport". El Noroeste nº 9.399 (en castelán). 16 de abril de 1915. p. 2. 
  37. "Notas de sport. El partido de hoy". Noticiero de Vigo nº 12.021 (en castelán). 7 de marzo de 1915. p. 1. 
  38. 38,0 38,1 "De Foot-ball. La Federación Gallega". El Eco de Galicia nº 2.918 (en castelán). 28 de xullo de 1915. p. 1. 
  39. "El fútbol en Galicia". Heraldo Deportivo nº 37 (en castelán). 25 de maio de 1916. p. 173. 
  40. 40,0 40,1 40,2 "Fútbol". Heraldo Deportivo nº 34 (en castelán). 25 de abril de 1916. p. 126. 
  41. "Deportes. Futbolerías". Heraldo de Madrid nº 8.985 (en castelán). 8 de xullo de 1915. p. 4. 
  42. "El fútbol en Galicia". Heraldo Deportivo nº 37 (en castelán). 25 de maio de 1916. p. 174. 
  43. "Notas deportivas". La Idea Moderna nº 7.493 (en castelán). 24 de novembro de 1915. p. 2. 
  44. "Notas de sport". El Noroeste nº 9.599 (en castelán). 6 de novembro de 1915. p. 2. 
  45. "Notas de sport". El Noroeste nº 9.624 (en castelán). 1 de decembro de 1915. p. 2. 
  46. "Campeonato de Galicia" (PDF). Mundo Deportivo nº 515 (en castelán). 22 de novembro de 1915. p. 3. 
  47. "De Vigo" (PDF). Mundo Deportivo nº 524 (en castelán). 24 de xaneiro de 1916. p. 3. 
  48. 48,0 48,1 "De Vigo. La Copa del Campeonato. -- La revista "Galicia Sportiva"". Madrid-Sport nº 156 (en castelán). 25 de setembro de 1919. p. 2. 
  49. 49,0 49,1 "De Vigo. La Copa del Campeonato. -- La revista "Galicia Sportiva"". Madrid-Sport nº 156 (en castelán). 25 de setembro de 1919. p. 3. 
  50. "De Sport". La Correspondencia Gallega nº 7.909 (en castelán). 5 de febreiro de 1916. p. 4. 
  51. "Galicia. Vigo". El Noroeste nº 9.689 (en castelán). 5 de febreiro de 1916. p. 1. 
  52. "La cuestión gallega". Heraldo Deportivo nº 29 (en castelán). 5 de marzo de 1916. p. 65. 
  53. 53,0 53,1 "La cuestión gallega". Heraldo Deportivo nº 29 (en castelán). 5 de marzo de 1916. p. 66. 
  54. "De Sport. Como anda el foot-ball en Galicia". La Correspondencia Gallega nº 7.929 (en castelán). 25 de febreiro de 1916. p. 3. 
  55. "Futbolerías". Heraldo Deportivo nº 31 (en castelán). 25 de marzo de 1916. p. 89. 
  56. "De Sport. Por fin la final se jugará en Barcelona". La Correspondencia Gallega nº 8.000 (en castelán). 30 de abril de 1916. p. 1. 
  57. "Futbolerías. Nuevo comité regional". Heraldo Deportivo nº 35 (en castelán). 5 de maio de 1916. p. 143. 
  58. 58,0 58,1 "Crónicas gallegas. Fútbol". Heraldo Deportivo nº 39 (en castelán). 15 de xuño de 1916. p. 194. 
  59. "Los Deportes. Balompié". La Acción nº 763 (en castelán). 1 de abril de 1918. p. 4. 
  60. "Galicia y Asturias. Partido de balompié". El Sol nº 120 (en castelán). 1 de abril de 1918. p. 4. 
  61. "Cisma en Galicia". Heraldo Deportivo nº 160 (en castelán). 25 de outubro de 1919. p. 408. 
  62. "Cisma en Galicia". Heraldo Deportivo nº 160 (en castelán). 25 de outubro de 1919. p. 409. 
  63. "En Vigo. El campeonato gallego". Madrid-Sport nº 161 (en castelán). 30 de outubro de 1919. p. 11. 
  64. "Fútbol. El pleito gallego". Heraldo Deportivo nº 163 (en castelán). 25 de novembro de 1919. p. 451. 
  65. "Fútbol. El pleito gallego". Heraldo Deportivo nº 163 (en castelán). 25 de novembro de 1919. p. 452. 
  66. "Fútbol. El pleito gallego". Heraldo Deportivo nº 163 (en castelán). 25 de novembro de 1919. p. 453. 
  67. "De Sport. La resolución del Gobernador civil en la reclamación del Presidente del Fortuna". El Diario de Pontevedra nº 10.682 (en castelán). 30 de outubro de 1919. p. 2. 
  68. "Al margen de una Asamblea federativa". El Ideal Gallego nº 860 (en castelán). 27 de novembro de 1919. p. 6. 
  69. "De Sport. La Asamblea federativa". Progreso: diario independiente nº 2.383 (en castelán). 20 de novembro de 1919. p. 2. 
  70. "En La Coruña". Madrid-Sport nº 164 (en castelán). 20 de novembro de 1919. p. 10. 
  71. 71,0 71,1 "De Sport. La Asamblea del pasado domingo en Vigo". El Diario de Pontevedra nº 10.710 (en castelán). 3 de decembro de 1919. p. 2. 
  72. "El pleito gallego". Madrid-Sport nº 193 (en castelán). 10 de xuño de 1920. p. 3. 
  73. "El pleito Vigo-Fortuna". Madrid-Sport nº 219 (en castelán). 9 de decembro de 1920. p. 4. 
  74. "De Sport. Se aplazó el Campeonato. ¿Se derrumbó el tinglado...?". Diario de Pontevedra nº 10.713 (en castelán). 6 de decembro de 1919. p. 2. 
  75. "De Sport. El Athletic". Diario de Pontevedra nº 10.781 (en castelán). 9 de marzo de 1920. p. 2. 
  76. "El «Vigo» Campeón". El Diario de Pontevedra nº 10.786 (en castelán). 15 de marzo de 1920. p. 2. 
  77. "De Sport". El Orzán nº 644 (en castelán). 19 de marzo de 1920. p. 1. 
  78. "Campeonato regional de fútbol". El Diario de Pontevedra nº 10.711 (en castelán). 4 de decembro de 1919. p. 2. 
  79. "Ecos deportivos. Federación gallega. Nota oficial". Galicia: diario de Vigo nº 299 (en castelán). 11 de xullo de 1923. p. 6. 
  80. "De Sport. El Campeonato de la Serie C". La Integridad nº 9.970 (en castelán). 12 de xullo de 1923. p. 2. 
  81. "El Real Fortuna F.C. campeón de Galicia". Progreso: diario independiente nº 2.184 (en castelán). 1 de marzo de 1921. p. 2. 
  82. "De Sport. El campeonato". La Integridad nº 9.562 (en castelán). 20 de febreiro de 1922. p. 3. 
  83. "El Real Vigo, campeón de Galicia". Galicia: diario de Vigo nº 204 (en castelán). 20 de marzo de 1923. p. 6. 
  84. "Ecos deportivos. El pleito del día". Galicia: diario de Vigo nº 384 (en castelán). 25 de outubro de 1923. p. 6. 
  85. "El pleito Federación-Deportivo. Texto integro del fallo de la Federación Española". El Ideal Gallego nº 1.952 (en castelán). 23 de decembro de 1923. p. 3. 
  86. "Ecos deportivos. Un fallo de la nacional". Galicia: diario de Vigo nº 437 (en castelán). 26 de decembro de 1923. p. 6. 
  87. "Ecos deportivos. El pleito gallego. Fallo de la nacional". Galicia: diario de Vigo nº 461 (en castelán). 23 de xaneiro de 1924. p. 6. 
  88. "Deportes. Asamblea de la Federación Gallega". El Ideal Gallego nº 1.993 (en castelán). 12 de febreiro de 1924. p. 3. 
  89. "El Racing vence al Deportivo". El Pueblo Gallego nº 20 (en castelán). 19 de febreiro de 1924. p. 11. 
  90. "El Celta vence al Racing y conquista defintivamente el título de campeón". Galicia: diario de Vigo nº 726 (en castelán). 10 de febreiro de 1925. p. 8. 
  91. "Deportes". El Pueblo Gallego nº 651 (en castelán). 2 de marzo de 1926. p. 6. 
  92. "La situación del campeonato. Ya tenemos subcampeón". El Pueblo Gallego nº 946 (en castelán). 15 de febreiro de 1927. p. 9. 
  93. "De Sport. Los puntos del partido Celta-Unión". Progreso: diario independiente nº 9.932 (en castelán). 17 de xaneiro de 1928. p. 2. 
  94. "Deportes. Los famosos puntos. La nacional falla en contra del Celta". El Orzán nº 2.986 (en castelán). 15 de xaneiro de 1928. p. 2. 
  95. "El campeonato gallego, aclarado". El Pueblo Gallego nº 1.495 (en castelán). 5 de decembro de 1928. p. 8. 
  96. "Campeonato de Galicia. El Celta conquista el título". El Pueblo Gallego nº 1.767 (en castelán). 26 de novembro de 1929. p. 3. 
  97. "El torneo gallego de fútbol. Quedan clasificados el Deportivo y el Celta en los dos primeros puestos". El Pueblo Gallego nº 2.073 (en castelán). 25 de novembro de 1930. p. 3. 
  98. "El campeonato. El Celta y el Deportivo, por este orden, clasificados en los primeros lugares". El Pueblo Gallego nº 2.371 (en castelán). 10 de novembro de 1931. p. 7. 
  99. "El campeonato. Finalizó anteayer con una sorpresa (?) en Loña". El Pueblo Gallego nº 2.702 (en castelán). 22 de novembro de 1932. p. 7. 
  100. "Con su victoria de Orense, el Celta reconquista el título de Campeón de Galicia". El Pueblo Gallego nº 2.993 (en castelán). 31 de outubro de 1933. p. 7. 
  101. Federación Española de Fútbol (1936). "Las competiciones oficiales". Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. pp. 121–124. 
  102. "El plan de competiciones para la temporada 1934-35". Luz nº 811 (en castelán). 11 de agosto de 1934. p. 10. 
  103. "El plan de competiciones para la temporada 1934-35". El Tiempo: Diario Independiente nº 8.505 (en castelán). 11 de agosto de 1934. p. 1. 
  104. "El plan de competiciones para la temporada 1934-35". El Tiempo: Diario Independiente nº 8.505 (en castelán). 11 de agosto de 1934. p. 2. 
  105. "La reorganización federativa y el plan de competición para la próxima temporada". La Libertad nº 4.490 (en castelán). 12 de agosto de 1934. p. 6. 
  106. "El campeonato mancomunado Galicia-Asturias" (PDF). Mundo Deportivo nº 3.049 (en castelán). 29 de agosto de 1934. p. 3. 
  107. "Cosas del balón. En torno a la desintegración galaicaastur". La Voz nº 4.309 (en castelán). 1 de novembro de 1934. p. 6. 
  108. "Los campeonatos superregionales de fútbol". La Voz nº 4.330 (en castelán). 26 de novembro de 1934. p. 11. 
  109. "Venció el Unión Sporting al Lemos en La Florida, proclamándose campeón de la primera categoría regional". El Pueblo Gallego nº 3.361 (en castelán). 15 de xaneiro de 1935. p. 4. 
  110. "El Oviedo, vencedor; el Unión, segundo". El Pueblo Gallego nº 3.703 (en castelán). 5 de novembro de 1935. p. 4. 
  111. "Fútbol. La Asamblea nacional de la Federación Española". La Libertad nº 5.043. 30 de maio de 1936. p. 7. 
  112. "Los deportes". El Correo Gallego nº 20.186. 23 de outubro de 1936. p. 3. 
  113. "El Lemos, campeón". El Pueblo Gallego nº 3.805 (en castelán). 19 de novembro de 1935. p. 5. 
  114. 114,0 114,1 José del Olmo (1 de decembro de 2019). "El torneo Copa España Libre, Ricardo Cabot y las actas de la FIFA". Cuadernos de Fútbol nº 115 (en castelán). ISSN 1989-6379. 
  115. "Los Deportes. La asamblea de la Federación Gallega de Fútbol. Entre otros acuerdos, se adoptó el de comenzar el campeonato regional". El Pueblo Gallego nº 4.092 (en castelán). 2 de outubro de 1936. p. 4. 
  116. "Finalizó el campeonato con el triunfo del Deportivo". El Pueblo Gallego nº 4.178 (en castelán). 12 de xaneiro de 1937. p. 4. 
  117. "La Federación Española de Fútbol se reorganiza". Imperio nº 161 (en castelán). 5 de maio de 1937. p. 7. 
  118. "Para la reorganización de la Federación Nacional de Fútbol". La Prensa nº 10.155 (en castelán). 26 de maio de 1937. p. 26. >
  119. Juan Luis Franco (Outubro de 2016). "1937, dos Federaciones Españolas de Fútbol" (PDF). iusport.com (en castelán). 
  120. "Habla el presidente de la Federación Española de Fútbol". El Progreso nº 12.944 (en castelán). 10 de decembro de 1937. p. 1. 
  121. "Unas declaraciones del presidente de la Federación Española de Fútbol". Imperio nº 344 (en castelán). 10 de decembro de 1937. p. 4. 
  122. "El 30 de Enero se jugará el partido España-Portugal". Lucha nº 313 (en castelán). 10 de decembro de 1937. p. 1. 
  123. "Hoy se reune la Federación Gallega". La Voz de Galicia. 7 de xullo de 1938. p. 2. A las dos de la tarde se reunirá hoy en Vigo el Comité de la Federación Gallega de Fútbol, para tratar asuntos de actualidad, de acuerdo a órdenes del Comité Nacional, que dispuso la disolución de todas las Federaciones regionales y su reorganización inmediata por un gestor. Estos gestores tendrán como primera misión, la de preparar las competiciones oficiales. Por lo que a nuestra región se refiere, tenemos noticias de que en la reunión que hoy se celebra en Vigo se tratará de organizar el campeonato regional con la base del Celta, Deportivo, Eiriña, Racing y Lugo, si éste es capaz de presentar equipo. 
  124. "Ya tiene gestor la Federación Gallega". La Voz de Galicia. 15 de xaneiro de 1938. p. 5. El Comité Nacional de Fútbol ha designado gestor único para la reorganización de la Federación Gallega a nuestro estimado amigo don Cesáreo González 
  125. "De la vida deportiva. Importante acuerdo de la F.E.F". El Progreso nº 12.968 (en castelán). 7 de xaneiro de 1938. p. 3. 
  126. "Última hora deportiva. Calendario del Campeonato Gallego". El Pueblo Gallego nº 4.555 (en castelán). 24 de abril de 1938. p. 15. 
  127. "Deportes. El 8 de Mayo se empezará a jugar el Campeonato Gallego. Se instituye un trofeo que se denominará «Copa Cuerpo de Ejército de Galicia»". La Voz de Galicia. 24 de abril de 1938. p. 2. Convocados por el gestor de la Federación Gallega de Fútbol, ayer se reunieron en nuestra ciudad los representantes de los clubs Celta, Deportivo, Racing y Eiriña para concretar la forma en que habrá de realizarse la competición proyectada de la que, esta temporada, estarán ausentes varios clubs regionales por no encontrarse en situación de poder formar equipo. La reunión se celebró en un ambiente de franca cordialidad y del cambio de impresiones entre los convocados resultaron los acuerdos siguientes: Empezar a jugar el torneo, organizado y dirigido como siempre por la Federación, el día 8 de mayo próximo. Se instituyó como trofeo del mismo una copa para el campeón, la que, en homenaje a los heroicos soldados gallegos llevará la denominación de Copa Cuerpo de Ejército de Galicia. 
  128. "El Racing de Ferrol se clasifica brillantemente vencedor del torneo después de batir al Deportivo". El Pueblo Gallego nº 4.633 (en castelán). 26 de xullo de 1938. p. 8. 
  129. "Deportes. Termina el Torneo Gallego. El Racing ferrolano lo corona empatando en Riazor". El Pueblo Gallego nº 4.836 (en castelán). 21 de marzo de 1939. p. 6. 
  130. "Finaliza el campeonato gallego con el triunfo del Deportivo. El Vigués, subcampeón del torneo, pese a su empate del domingo". El Pueblo Gallego nº 5.037 (en castelán). 14 de noviembre de 1939. p. 6. 
  131. 131,0 131,1 Federación Española de Fútbol. Anuario 1942. pp. 135—139
  132. "Deportes. Cuándo se jugará la Copa del Generalísimo y cómo se jugará la próxima competición de Liga". La Región nº 7.928 (en castelán). 24 de abril de 1940. p. 3. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015. 
  133. Copa del Generalísimo 1941 linguasport.com

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar