Fogueiras de san Xoán da Coruña

Festa de interese turístico internacional na Coruña

As fogueiras de san Xoán son un acontecemento que ten lugar na noite de san Xoán na Coruña, festividade declarada de interese turístico internacional.[1]

Fogueiras de san Xoán da Coruña
Noite de san Xoán na praia do Orzán
Datos da festa
Data23-24 de xuño
ConcelloA Coruña
MotivoNoite de san Xoán
Recoñecementos
  • Festa de Interese Turístico de Galicia (2000)
  • Festa de Interese Turístico Nacional (2003)
  • Festa de Interese Turístico Internacional (2015)

Historia editar

Durante o século XIX a festa de san Xoán celebrábase na Coruña, ademais de con fogueiras, con verbenas e lanzando globos ao aire, costume que aínda seguía na década de 1930 na Cidade Vella e A Peixaría, mentres que as fogueiras se seguiron a realizar por toda a cidade, mais sen verbenas.[2] A principal festa celebrouse no Campo da Leña entre 1830 e principios do século XX.[3] A festa acababa o día 26 de xuño co ripote na subida á Torre de Hércules.[4]

Con todo, a festa de san Xoán na Coruña estaba en declive cando en xuño de 1970 se fundou a Comisión Promotora das Fogueiras de San Xoán da Coruña. Ese ano tivo lugar a primeira gran lumarada na avenida de Calvo Sotelo e a proclamación da primeira Meiga Maior, Estrella Pardo Castiñeiras.[5]

O ano seguinte a celebración tivo lugar na praza de Portugal e en 1992 trasladouse á praia de Riazor. A partir dese momento a festa foi crecendo ata que en abril de 2000 o consello da Xunta de Galicia a declarou Festa de Interese Turístico de Galicia. O 30 de xuño de 2003 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional e en maio de 2015 Festa de Interese Turístico Internacional.[5]

En 2014 o día 24 de xuño foi declarado por primeira vez festivo local.[6]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Las Hogueras de San Juan de A Coruña, de Interés Turístico Internacional". Europapress (en castelán). 21 de maio de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  2. Eiroa, E. (17-5-2015). "La fiesta de San Juan rompe fronteras". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 20-5-2018. 
  3. Alfeirán, Xosé (25-6-2014). "Las verbenas de San Juan". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 20-5-2018. 
  4. Alfeirán, Xosé (18-1-2015). "San Ripote, el "merendiñas" coruñés". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 20-5-2018. 
  5. 5,0 5,1 "Un poco de historia de nuestra comisión promotora". Hogueras de San Juan. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  6. Gutiérrez, J. M. (25 de setembro de 2013). "San Juan será festivo local en A Coruña desde 2014". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar