Fluxus

movemento artístico das décadas dos 60 e dos 70 do século XX

Fluxus (palabra latina que significa "fluxo") é un movemento artístico que se denvolveu en Nova York nas décadas dos 60 e dos 70 do século XX, estreitamente relacionado coa mestura entre a música, a poesía e a performance.

Manifesto do movemento artístico Fluxus

Historia editar

George Maciunas foi o primeiro organizador do movemento, pero os artistas de Fluxus crían na completa liberdade aínda que houbese unha asociación. Máis que adherirse eles mesmos a un movemento, foron os críticos os que o fixeron. Desde o seu necemento arredor de 1958, sen moita exactitude na data, o movemento estendeuse internacionalmente con grande rapidez nas décadas dos 60 e dos 70.

A maioría dos seguidores de Fluxus ven este movento máis que como un tipo de arte como unha forza creativa, centrado na creatividade, na cultura e na consciencia. Foi nas clases de John Cage na New School for Social Research en Nova York onde se xuntaron parte dos fundadores do fluxus. Estas clases experimentais tiñan moitos asistentes sen bases musicais, como é o caso dos artistas Joseph Beuys, Nam June Paik, Wolf Vostell, Charlotte Moorman,Jackson Mac Low, Al Hansen, George Brecht e Dick Higgins. A visión de que calquera cousa arredor deles podía ser considerada bela e, polo tanto, perfectamente utilizable para as súas experiencias artísticas é a base do nacemento de Fluxus. Fluxus en pouco tempo obtivo recoñecemento por parte de crítica e museos, o cal, segundo moitos dos artistas que se poden enmarcar nel, foi bastante prexudicial e decisivo para despoxalo da inxenuidade característica das súas influencias dadaístas. Moitos deles estaban en completo desacordo co circo que se estaba montando.

Despois da morte de George Maciunas en 1978 a arte fluxus sufriu unha ruptura. Varios críticos ou comisarios como Jon Hendricks (dono dunha ampla colección de arte fluxus) proclamaron a morte deste movemento, mentres que artistas como Dick Higgins e outros moitos, que hoxe en día teñen claras reminiscencias deste movemento, sosteñen que Fluxus segue a fluír.

Artistas vinculados editar

A Fluxus, ao non estar enmarcado nunhas regras concretas, pódense asociar artistas de todo tipo: compositores, artistas plásticos, escritores, videoartistas...

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar