Festa do caracol da Graña do Umia

A festa do caracol da Graña do Umia é unha festa gastronómica celebrada na aldea da Graña de Umia (Quintillán, Forcarei) o primeiro domingo de setembro (se ben estaba previsto que para o 2010 se celebre o primeiro domingo de agosto).

Imaxe da carballeira da Ponte da Devesa no día da festa do caracol.

Orixe editar

Os inicios desta festa remóntanse ao ano 2002, onde un grupo de xente da zona se uniu para colaborar e levar adiante a festa do caracol.

Desenvolvemento editar

Ten lugar na carballeira da Ponte da Devesa. A festa arranca ao mediodía coa repartición de centos de quilos de caracois de balde entre os asistentes. O menú consiste en caracol preparado ao estilo rioxano, existindo tamén tamén a posibilidade de degustar churrasco e polbo.

Ao remate do xantar un grupo musical ameniza o evento ata ben entrada a tarde.

Festas gastronómicas do concello de Forcarei

Festa da richada de Forcarei | Festa do caracol da Graña do Umia | Festa do cogomelo de Soutelo de Montes