O mediodía é a hora en que o Sol está no seu cénit (culminación) -o sol topase na vertical do lugar-. A súa sombra no reloxo de sol de sombra (dada polo gnomon) é a máis curta do día, e apunta exactamente ao norte no Hemisferio Norte e ao sur no Hemisferio Sur.

Torre do reloxo en Birmingham, Gran Bretaña, mostrando as 12 do mediodía.

Coloquialmente recibe tamén este nome as 12:00 horas, ou 12:00 meridiem. Estes dous instantes non coinciden por varias razóns:

A hora que marca o reloxo é unha hora civil oficial que rexe nun territorio, mentres a hora de Sol é local (e astronómica) e depende da lonxitude xeográfica do lugar do observador. O Sol adiántase ou atrasa ao longo do ano até 16 minutos. Véxase Ecuación de tempo. Adianto ou atraso estacional dunha hora para aforrar enerxía. O concepto correcto en astronomía é o primeiro, é dicir, é mediodía nun lugar cando o Sol culmina.