Fernando González Laxe
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2019.) |
Fernando González Laxe, nado na Coruña o 6 de setembro de 1952, é un político galego que foi Presidente da Xunta de Galicia co goberno tripartito, entre o 28 de setembro de 1987 e o 2 de febreiro de 1990.
Nome orixinal | (es) Fernando Ignacio González Laxe | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 6 de setembro de 1952 (71 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2.º Presidente da Xunta de Galicia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período | 26 de setembro de 1987 – 5 de febreiro de 1990 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Antecesor | Gerardo Fernández Albor | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sucesor | Manuel Fraga Iribarne | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de traballo | Madrid | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | Profesor de universidade, política | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Partido político | PSdeG-PSOE | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Rosa Liaño | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lista
|
Traxectoria editar
Formación editar
É licenciado e doutor en Ciencias Económicas. Principiou a súa carreira profesional en 1975 como profesor de estrutura económica no Colexio Universitario da Coruña, foi un dos fundadores de ADEGA, chegando a ser o seu secretario xeral[1] e afiliado ó Partido Socialista Galego.
Política editar
González Laxe foi candidato ó Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 1977 polas listas do Partido Socialista Galego e ó senado nas de 1979 xa polo Partido dos Socialistas de Galicia, sen obter escano en ningunha delas. Co PSdeG-PSOE foi secretario da Xunta preautonómica en 1978 e posteriormente subdirector xeral de Pesca (1979-1980). Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro na Coruña e foi tenente de alcalde e voceiro do PSdeG no concello ata 1982.
Trala vitoria socialista nas eleccións xerais de 1982 foi nomeado director xeral de ordenación pesqueira do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación asemade que representante español na Conferencia Mundial da FAO sobre pesca e no II Congreso Latinoamericano de Pesca. Desde o seu posto no ministerio foi o responsable das negociacións pesqueiras de España coa Comunidade Económica Europea.
En novembro de 1985 foi o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, eleccións que gañou Coalición Popular e o seu candidato Xerardo Fernández Albor formou goberno. En 1987, González Laxe presentou unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor trala marcha de Xosé Luís Barreiro, contando ademais, tras o coñecido como Pacto dos Tilos, co apoio de Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego cos que formou un goberno de coalición tripartito o 28 de setembro de 1987 con Barreiro de vicepresidente. Presidente do PSdeG desde 1988 e o seu candidato nas eleccións autonómicas de 1989 e malia obter os mellores resultados ata o momento para o seu partido (28 escanos) non puido impedir a vitoria de Manuel Fraga, o candidato do Partido Popular, por maioría absoluta.
En 1986, foi designado senador en representación da comunidade autónoma, posto no que permaneceu ata 2000.
Retirada da política activa editar
No ano 1993 deixou de ser deputado no Parlamento de Galicia e en 2000 o seu escano no Senado. Non volveu ocupar postos de relevancia política e pasou a ocuparse da súa cátedra de Economía Aplicada na Universidade da Coruña ata a súa xubilación en maio de 2023.[2] Polo medio, en abril de 2009, foi nomeado presidente do Organismo Público Portos do Estado,[3] cargo do que cesou en xaneiro de 2012.
Obra en galego editar
Ensaio editar
Obra en castelán editar
- Nuevos tiempos modernos. Ideas para una sociedad postindustrial (2024). A Coruña: Hércules.
Notas editar
- ↑ "Información na web de ADEGA". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008.
- ↑ Novo Corti, Isabel (21 de maio de 2023). "Fernando González Laxe: la última clase versus la última lección". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2023.
- ↑ Nova en El Correo Gallego Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando González Laxe |
Bibliografía editar
- "González Laxe, Fernando Ignacio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Predecesor: Xerardo Fernández Albor |
Presidente da Xunta de Galicia 1987 - 1989 |
Sucesor: Manuel Fraga Iribarne |