Fermín Maneiro Becerra
sindicalista e político galego
Fermín Maneiro Becerra, nado en Lousame cara a 1901 e finado en Xixón o 17 de maio de 1938, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 Lousame, España |
Morte | 17 de maio de 1938 (36/37 anos) Xixón, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Traxectoria editar
Dirixente do Sindicato de Mineiros das Minas de San Fins da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos integrantes do grupo que marchou á Coruña para opoñerse ao triunfo do golpe. Retornou a Lousame ao ser rexeitados polo exército. Fuxiu dende Muros na evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa.[1][2] Combateu no exército republicano na fronte de Asturias. Capturado cando intentaba fuxir no vapor Mont Seny, foi xulgado en Xixón e condenado a pena de morte.
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Fermín Maneiro Becerra na páxina web Nomes e Voces.
- Gallegos fusilados en Gijón. Arquivado 12 de agosto de 2022 en Wayback Machine.