A ferberita é un mineral de tungsteno e ferro de fórmula química FeWO4. O seu nome provén de Rudolph Ferber, mineraloxista afeccionado, que encontrou en 1863 este mineral en Serra Almagrera (provincia de Almería).

Ferberita
Fórmula químicaFeWO4
ClaseÓxido
Sistema cristalinoMonoclínico
CorNegro, gris escuro
BrilloSemimetálico, mate
Dureza4 - 4,5 (escala de Mohs)
FracturaIrregular
ExfoliaciónPerfecta
RaiaParda escura, negra
Densidade7,6 g/cm³

Propiedades editar

A ferberita é un mineral negro ou gris escuro cuxa composición química é FeO 23,65 % e WO3 76,35 %. Como impurezas pode conter niobio, tántalo e escandio. Funde facilmente e é soluble tanto en ácido clorhídrico como en ácido sulfúrico.

É da mesma serie que a hübnerita, pero mentres esta última é o extremo rico en manganeso, a ferberita encóntrase no extremo rico en ferro. Entre ambos está a volframita, que contén tanto ferro como manganeso en proporcións variables entre o 20% e o 80%. Dos tres membros da serie, a ferberita é a máis rara.

Morfoloxía e formación editar

Preséntase como cristais tabulares e prismáticos, e tamén como agregados masivos e granulares. Tipicamente áchase canda a pegmatitas o en vetas hidrotermais de altas temperaturas.

Depósitos editar

É un mineral bastante raro. Ademais do depósito situado en Serra Almagrera (Cuevas de Almanzora), existen depósitos no val de Rankach (Wolfach, Alemaña) e en Les Chaillats (Puy-de-Dôme, Francia). Tamén hai depósitos en Bolivia, en lugares como Llallagua (Departamento de Potosí) e Huanuni (Departamento de Oruro), e encontráronse bos exemplares na Mina de Panasqueira, unha mina de volframio en Castelo Branco, Portugal.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar