Frederico III de Sicilia

rei de Sicilia
(Redirección desde «Federico III de Sicilia»)

Frederico III de Sicilia, nado o 1 de setembro de 1341 e finado o 27 de xaneiro de 1377, alcumado como o Sixelo ou o Simple, foi Rei de Sicilia desde 1355 até 1377 (desde 1372, rei de Tricarnia), e duque de Atenas e de Neopatria desde 1355 até a súa morte.

Infotaula de personaFrederico III de Sicilia
Nome orixinal(it) Federico III di Sicilia Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1342 Editar o valor em Wikidata
Catania Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1377 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Messina Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatania Cathedral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
12º Duque de Atenas
1355 – 1377
← Frederico I de Atenas (pt) TraducirMaría de Sicilia →
Duque de Neopatria
1355 – 1377
← Frederico I de Atenas (pt) TraducirMaría de Sicilia →
Rei de Sicilia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Sicilia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrealeza , monarca , político , gobernante Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Aragón e Casa de Barcelona Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAntônia do Balzo (1372–)
Constanza de Aragón e Navarra (1361–1363), morte do cónxuxe
FillosMaría de Sicilia
 () Constanza de Aragón e Navarra
Guilherme de Aragão (pt) Traducir, fillo ilexítimo
 () valor descoñecido
Eleonora d'Aragona (en) Traducir, fillo ilexítimo
 () Juana d'Aragona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPedro II da Sicília (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Isabel da Caríntia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLuís da Sicília (pt) Traducir, Leonor de Trinacria, Branca da Sicília (pt) Traducir, Constança da Sicília (pt) Traducir, Eufêmia da Sicília (pt) Traducir e Beatriz da Sicília (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Adoita confundirse co seu antepasado Frederico II, que escolleu chamarse Frederico III por ser o terceiro fillo de Pedro III de Aragón.

Traxectoria editar

Era o segundo fillo de Pedro II de Sicilia e Isabel de Carintia.[1][2][3] Sucedeu ao seu irmán Lois no trono do reino aos 14 anos, baixo a rexencia da súa irmá Eufemia, que se mantivo até 1357,[4] nun contexto de loitas polo poder no que a Aragón e Nápoles disputábanse o reino e alentaban as loitas internas entre os Alagón e os Claramonte.[5]

Os inicios do seu reinado de están chenos de guerras repetitivas contra os napolitanos. En 1356, Xoana I de Nápoles fíxose co control de Mesina e de Palermo, entre outras prazas, o que levou a Frederico III a aliarse con Aragón mediante a súa voda coa filla de Pedro o Cerimonioso, que tiña claras ambicións sobre o reino en virtude do seu casamento con Leonor de Sicilia[6] e que accedeu a prestarlle axuda militar, coa cal puido facer fronte ás disensións internas e conter o avance napolitano.

En 1372 chegouse a un acordo de paz con Nápoles e a Santa Sé. Frederico III recoñeceuse feudatario e triburario de Nápoles, e deu a Xoana o título de raíña de Sicilia, aínda que el gobernaría o territorio como rei de Tricarnia, un acordo que o papa Gregorio IX sancionou.[7]

Foi un rei trobador, do que se conserva unicamente un sirventés.[8]

Matrimonio de descendencia editar

Frederico III casou con Constanza de Aragón, filla de Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso. Do seu matrimonio naceu unha única filla, María, que casaría co herdeiro ao trono aragonés, Martiño o Mozo. Tras enviuvar, casou en segundas nupcias con Antonia del Balzo, pero non tivo descendencia e aos dous anos a súa esposa faleceu.

Atribúenselle dous fillos ilexítimos, dunha amante descoñecida.[2]

Predecesor:
Lois de Sicilia
Rei de Sicilia
1355-1377
 
Sucesor:
María de Sicilia
Predecesor:
Frederico I de Atenas
Duque de Atenas
1355-1377
Sucesor:
María de Sicilia

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Reis de Sicilia en Medieval Lands (en inglés).
  2. 2,0 2,1 Casa de Barcellona- genealogy Arquivado 03 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en inglés).
  3. Petro II de Sicilia - genealogie mittelalter Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en alemán)
  4. Sologenealogia.com - Principessa di Sicilia Eufemia.
  5. Google Books. esRevista de España. Volumen 12 (1870) VVAA - Páx. 263.
  6. Google Books.es Revista de España. Volumen 12 (1870) VVAA - Páx. 264.
  7. Books.google.es Compendio cronológico de los soberanos de Europa, Primera parte (1784) Antoni de Capmany - Páx.196.
  8. Frederic III de Sicile en Corpus des Troubadours (en francés).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Caggese, Romolo (1999): "Italia, 1313-1414", en Storia del mondo medievale', Vol. VI, pp. 297–331.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar