Federación Galega de Balonmán

organización deportiva galega

A Federación Galega de Balonmán constitúese no ano 1984 coa adecuación do deporte á realidade do Estado das Autonomías trala fusión e, consecuentemente, desaparición das catro Federacións provinciais.

Federación Galega de Balonmán
Tipofederación deportiva
Deportebalonmán
Área de operaciónGalicia
Data de fundación1984
SedeVigo
PaísGalicia
Na rede
https://fgbalonman.es/
Facebook: fgabalonman Twitter: fgabalonman Instagram: fedgalegabm Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O seu presidente fundacional foi Juan J. Lorenzo Izquierdo (1984-85).

En 1985 celébranse as primeiras eleccións á presidencia, nas que resulta elixido Ramiro Losada Bastos, que revalida o seu cargo en posteriores convocatorias (1988, 1992, 1994, 1998 e 2002).

A súa sede social radica en Vigo. Na década dos noventa o balonmán galego acada o seu maior punto de inflexión coa presenza de catro equipos na Liga Asobal: SD Teucro, Octavio Pilotes Posada, BM Cangas do Morrazo e BM Chapela e o BM Porriño estará na máxima categoría do balonmán feminino. Academia Octavio e S.D. Teucro contan ademais co privilexio de ser os primeiros equipos galegos en tomar parte en competicións europeas.

En 1989 Galiza foi o epicentro do balonmán mundial ao organizar o Campionato do Mundo Júnior. A selección da URSS, na que xogaba Talant Dujshebaev, alzouse co primeiro posto tras unha apaixonante final contra España no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.

O balonmán en Galiza antes da FGBM editar

A xeneralización do balonmán en Galiza producirase a partir dos colexios das congregacións relixiosas (entre outros, os Maristas vigueses) que pularán pola súa práctica a partir dos anos sesenta.

O labor deportivo dalgúns cregos contribuirá á popularización do balonmán e á creación de moitos clubs, entre outros moitos na parroquia de Santa Cristina de Lavadores, o crego José Domínguez, creará en 1963 o Club Balonmán Unión, equipo pioneiro, xunto co Vulcano, deste deporte en Vigo. Con todo, a primeira manifestación da madureza do balonmán galego será a chegada do equipo Vulcano de Vigo á Primeira División en 1969 e en 1972-73 será a SD Teucro quen se sume á elite do balonmán español.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar