Faustino Domínguez Salgado

militar e xinete galego

Faustino Domínguez Salgado, nado na Coruña o 5 de maio de 1905 e finado en Madrid en abril de 1981, foi un militar e xinete galego. Competiu en dúas probas nos Xogos Olímpicos de 1956 en Melbourne.

Infotaula de personaFaustino Domínguez Salgado
Biografía
Nacemento5 de maio de 1905 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1981 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , xinete Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportehípica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militar de carreira comezou a practicar hípica na década de 1920.[1] Xa como tenente coronel, participou en 1956 nos Xogos Olímpicos de Melbourne, tanto na proba individual como na de equipos, facendo equipo con Joaquín Nogueras e Hernán Espinosa. Na proba individual ocupou unha das últimas posicións, mentres que na proba por equipos o conxunto español quedou de último.[2][3]

Posteriormente ascendeu ata xeneral de brigada e foi tres veces campión de España en doma clásica, nos anos 1970, 1971 e 1973.[4]

Notas editar

  1. Vara, Orestes (5 de agosto de 1949). "5 minutos de Charla con el teniente coronel Domínguez". La Voz de Galicia (en castelán). p. 3. 
  2. "Hípica nos Xogos Olímpicos de 1956 - Proba individual". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  3. "Hípica nos Xogos Olímpicos de 1956 - Proba por equipos". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  4. "Campións de España de doma clásica" (PDF). Real Federación Hípica Española (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar