O termo falogocentrismo é un neoloxismo orixinado na corrente filosófica da deconstrución. Cuñado por Jacques Derrida, explícao no seu texto La pharmacie de Platon. Utilizado hoxe en lingüística e socioloxía, refírese ao privilexio da masculinidade na construción do significado.[1] Deste xeito, o termo dá prioridade á importancia que se lle veu dando culturalmente á fala sobre a escrita, feito que, para Derrida, forma parte do falocentrismo.

A deconstrución é considerada como unha filosofía das indeterminacións. É, xa que logo, aporética, en oposición á apodíctica. Para este último modo de facer filosofía, Derida tamén utiliza o termo "logocentrismo".

Derrida trata de expor que, o que hoxe se tornou nun asunto ou problema de xéneros, foi historicamente unha xeneralización do masculino. Esta asimilación histórica, non exenta de restricións, está expresada na amálgama do falocentrismo e logocentrismo, é dicir, o "falogocentrismo".[2]

O feminismo compartiu esta terminoloxía, por exemplo, no caso de Catherine Clément e Hélène Cixous en The Newly Born Woman (1975). Estas teóricas mencionan figuras semellantes ás da colonización territoriall atribuídas neste caso ao xénero feminino.

Wayne Borody, profesor de filosofía de Nipissing University, non está de acordo coas posturas anteriores, pois considera que o termo simplificou a historia occidental. Para el, o argumento falogocéntrico funciona do mesmo modo ca unha metanarrativa, é dicir, sostén unha actitude maniquea parecida á da colonización do chamado Novo Mundo, cando chamaban "salvaxes" ás culturas americanas.

Ver tamén editar

Referencias editar

  1. "Deconstrucción y machismo". Consultado o 2021-06-21. 
  2. Luis, Autores Juan; Artasánchez, Silvia; Balint, Michael; Batalla, Guillermo Bonfil; Campbell, Sergio; Mora, Juan Luis de la; González, Mauricio; Hernández, Manuel; Larrauri, Gibrán (2018-10-01). Sur. El giro decolonial en psicoanálisis.: Litoral Psicoanálisis 47 (en castelán). Litoral Editores. ISBN 978-607-8738-12-0. Consultado o 2021-06-21.