Estatuas de guerreiros galaicos

serie de escultura prerromanas de pedra

As estatuas de guerreiros galaicos,[1] tamén chamadas estatuas de guerreiros galaico-lusitanos, lusitano-galaicos, lusitanos ou da cultura castrexa, son unha serie de esculturas prerromanas de pedra, de tamaño natural que se atoparon no noroeste da Península Ibérica. As figuras, descubertas principalmente en Galicia e no norte de Portugal, foron interpretadas por Thomas G. Schattner como deidades guerreiras protectoras, vestidas na forma típica dos guerreiros galaicos.

Estatuas de guerreiros galaicos no Museo Nacional de Arqueoloxía de Portugal, en Lisboa.
Guerreiro de Armeá, Allariz, Museo de Ourense.

Características editar

A datación dos guerreiros galaicos ou lusitanos segue sendo discutida. Considérase a estela de São João de Ver, na que só está claramente formada a cabeza, como un predecesor.[2] Os inicios da creación destas esculturas dátase nos séculos IV ou V a.C, como moi tarde no século III a.C.

Nas estatuas aparecen representados torques que se corresponden con achados da zona. Os seus puñais son idénticos aos atopados en achados arqueolóxicos da Idade de Ferro da Península. É dicir, trátase de representacións de guerreiros locais, que non teñen modelos romanos. As inscricións latinas mostran que aínda se erguían ou estaban en uso en época romana, mais dificultan a datación.

As estatuas foron atopadas nos castros da cultura castrexa e foron interpretados como guerreiros ou deuses. A súa función como deidade suxírea o achado de Sanfins, tan valioso como raro, no que a muralla defensiva lembra á atopada na escavación arqueolóxica de Glauberg. É probábel que fosen pensadas para situarse sobre un túmulo funerario, representando a un heroe ou nobre, ao estilo céltico indoeuropeo, de feito mostran unha notable similitude coas esculturas celtas do Europa central, como o guerreiro de Hirschlanden.

Existe unha boa colección destas figuras no Museo Nacional de Arqueoloxía de Lisboa e en museos locais de Guimarães, Sanfins e Viana do Castelo. No Museo Municipal de Viana do Castelo atópase a estatua de guerreiro de São Paio de Meixedo, tamén coñecida como «estatua de Viana» ou «do Páteo dá Morte», unha das tres pezas descritas por Emil Hübner en 1861.

Notas editar

  1. Foi a denominación preferida por Emil Hübner, creada en 1861. Hubner describiu as estatuas de Ajuda, Cabeceiras de Basto e Paio de Meixedo (Viano do Castelo). Emil Hübner: «Statuen galläkischer Krieger in Portugal und Galicien». En: Kaiserlich Deutsches Archäologisches Institut: Archäologische Zeitung. Nr. 154, 1861, p 186ss. Reimer, Berlín 1861.
  2. «Steinerne Krieger am "Ende der Welt"», En: Archäologie in Deutschland 2/2002 p. 34

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Michael Blech: Die lusitanisch-galläkischen Kriegerstatuen im Lichte der eisenzeitlichen hispanischen Plastik. En: Deutsches Archäologisches Institut, Abteilung Madrid (ed.): Madrider Mitteilungen. Tomo 44, p. 162ff. Mainz, Zabern 2003. ISBN 3-8053-3258-0
  • Martin Höck: Die lusitanischen Kriegerstatuen in Nordportugal: En: Hessische Kultur GmbH (ed.): Das Rätsel der Kelten vom Glauberg. p. 229ss. Theiss, Stuttgart 2002. ISBN 3-8062-1592-8
  • Michael Koch: Die lusitanisch-galläkischen Kriegerstatuen in ihrem literarisch-epigraphischen Zusammenhang. En: Deutsches Archäologisches Institut, Abteilung Madrid (ed.): Madrider Mitteilungen. Tomo 44, p. 67ss. Mainz, Zabern 2003. ISBN 3-8053-3258-0
  • Thomas G. Schattner: Die lusitanisch-galläkischen Kriegerstatuen. En: Deutsches Archäologisches Institut, Abteilung Madrid (ed.): Madrider Mitteilungen. Tomo 44, p. 1ss. Mainz, Zabern 2003. ISBN 3-8053-3258-0
  • Thomas G. Schattner: Stilistische und formale Beobachtungen an den Kriegerstatuen. En: Deutsches Archäologisches Institut, Abteilung Madrid (ed.): Madrider Mitteilungen. Tomo 44, p. 127ss. Mainz, Zabern 2003. ISBN 3-8053-3258-0ç

Ligazóns externas editar