Esquilo

dramaturgo da antiga Grecia

Esquilo (en grego antigo: Αισχύλος, Aiskhúlos, Aiskhúlos) nado en Eleusis (Ática) no 525 a. C. e finado en Gela en 456 a.C., foi un dramaturgo da Antiga Grecia. Predecesor de Sófocles e Eurípides, é considerado como o creador da traxedia grega.

Infotaula de personaEsquilo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Αἰσχύλος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento525 a. C.
Eleusis, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte456 a.C.
Gela Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor de traxedia , guerreiro , dramaturgo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoTraxedia grega Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Salamina, Batalla de Maratón e batalla de Plateas Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosEuforión, Eueon Editar o valor em Wikidata
PaiEuforión de Eleusis Editar o valor em Wikidata
Irmánsirmá de Esquilo, Cinéxiro e Ameinias Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0012634 IBDB: 3914
Bitraga: 959 Musicbrainz: bb3934cc-aca7-46c2-90f4-29f7c1ccb7e7 Discogs: 1340893 IMSLP: Category:Aeschylus Find a Grave: 87135514 Genius: Aeschylus Editar o valor em Wikidata
Busto de Esquilo

Vida editar

Naceu en Eleusis, onde se celebraban os misterios de Éleusis. Pertencía a unha nobre e rica familia de terratenentes. Na súa mocidade foi testemuña do fin da tiranía dos Pisistrátidas en Atenas. Foi un dos «Maratonianos»; loitou nas guerras promovidas contra os Persas na batalla de Maratón (490 aC), nas de Salamina (480 aC) e, posiblemente, na de Platea.

Algunha das súas obras, como Os persas (472 aC), son o resultado das súas experiencias de guerra. Foi, tamén, testemuña do desenvolvemento da democracia ateniense. N´Os suplicantes (490 aC), pode detectarse a primeira referencia que se fai do poder do pobo, e a representación da creación do Areópago, tribunal encargado de xulgar aos homicidas. N´As Euménides (478 aC), apóiase a reforma de Efialtes (462 aC), transferencia dos poderes políticos do Areópago ao Consello dos cincocentos.

Acusóuselle de revelar os misterios de Eleusis, polo que foi xulgado e posteriormente absolto.

Viaxou a Siracusa (Sicilia), invitado polo tirano Hiéron, para o que produciu As mulleres de Etna na honra da nova cidade de Etna que este fundara, e puxo, de novo, en escena, Os persas. Tras a representación da Orestíada (458 aC), volveu visitar Sicilia, onde morreu en Gela, entre o 456 aC e o 455 aC.

Tivo un fillo, Euforión, que, coma el, foi un poeta tráxico.

Escribiu 82 pezas (algunhas fontes cífranas en 90), conseguiu a súa primeira vitoria en composición dramática no -484, sendo os seus rivais Pratinas, Frínico e Quérilo de Atenas. Só foi vencido por Sófocles no ano -468.

Da importancia da súa obra dá fe o feito de que se permitise que as súas obras fosen representadas e presentadas no agón (certame, competición) nos anos posteriores á súa morte, xunto ás dos dramaturgos vivos; unha honra excepcional xa que era costume que as obras dos autores falecidos non se puidesen presentar.

De toda a súa obra só se conservan sete pezas, seis delas premiadas, e substanciosos fragmentos doutras tantas. A pesar da importancia da súa obra, no seu epitafio Esquilo non quixo ser recordado como poeta ou dramaturgo, senón polo seu valor nas batallas de Maratón e de Salamina:

Esta tumba esconde o po de Esquilo,
fillo de Euforio e orgullo da fértil Gela
Do seu valor Maratón foi testemuña,
e os Medos de longa cabeleira, que tiveron demasiado del.

Texto grego orixinal:

Αἰσχύλον Εὐφορίωνος Ἀθηναῖον τόδε κεύθει
μνῆμα καταφθίμενον πυροφόροιο Γέλας·
ἀλκὴν δ’ εὐδόκιμον Μαραθώνιον ἄλσος ἂν εἴποι
καὶ βαρυχαιτήεις Μῆδος ἐπιστάμενος.

(Anthologiae Graecae Appendix, vol. 3, Epigramma sepulcrale 17)

Morte e a súa predición editar

Pouco antes da súa morte, o oráculo vaticinoulle que morrería esmagado por unha casa, polo que decidiu residir fóra da cidade. Curiosa e traxicamente, faleceu ao ser golpeado pola casca dunha tartaruga que un crebaosos soltara desde o aire.

Características xerais editar

Esquilo era moi dado a condensar as súas obras en triloxías ligadas, que trataban sobre algún tema en particular, aínda que cada parte conservaba o seu sentido completo e podían ser perfectamente representadas por separado. Os primeiros tres dramas dunha secuencia de catro dramatizaban episodios consecutivos do mesmo mito e o drama satírico que seguía contiña unha historia relacionada co mesmo. Nos concursos dramáticos representábanse tres traxedias ademais dun drama satírico, co que se relaxaba a tensión do público. Tras a súa época, a triloxía ligada quedou como unha opción ocasional, mentres que moitísimas postas en escena consistían en catro dramas independentes.

Os persas (-472), Os sete contra Tebas (-467) e As suplicantes (-490) son dramas de dous actores xa que foi Esquilo o que introduciu o segundo actor en escena, diminuíndo a intervención dos coros, e facendo posible o diálogo e a acción dramática. Os diálogos principais son fundamentalmente entre personaxes e coro cunha gran variedade de esquemas estruturais e un ritmo de acción máis ben lento. Este é un dos trazos principais do arcaísmo do teatro de Esquilo.

Na Orestíada (Agamenón, As coéforas, e As euménides), Esquilo dispón de skene, de ekkylkema, de mechane e dun terceiro actor, como vemos na escena do Agamenón na que aparecen nun agón Agamenón e Clitemnestra, estando presente, en silencio, Casandra.

O interese central dos dramas de Esquilo áchase, principalmente, na situación e no seu desenvolvemento, máis que nos personaxes. O personaxe que foi máis traballado polo autor é Clitemnestra na Orestíada.

Os coros esquileos case sempre gozan dunha personalidade forte e peculiar, as súas palabras, xunto á música e a danza, contribúen a chamar a atención sobre os profundos temas do teatro de Esquilo, determinando o ton de todo o drama. Os coros esquileos teñen, frecuentemente, unha importancia substancial sobre a acción. As Danaides e as Erinias son, de feito, as principais protagonistas dos seus dramas.

O estilo lírico de Esquilo é claro pero cunha forte tendencia ao arcaico e con trazos hómericos. Sobresaen, ao presentar modelos de linguaxe e de imaxes, metáforas, símiles, campos semánticos determinados, elaborándoos ata os detalles máis mínimos e manténdoos ao longo de todo o drama ou da triloxía.

Outra característica peculiar, é o decoro tráxico: o protagonista ten que expresarse como o que é, por exemplo, no caso de Agamenón, este debe falar como o faría un heroe tráxico.

Tamén é audaz, e está dotado dunha grande imaxinación á hora de aproveitar os aspectos visuais dos seus dramas. O contraste entre o vestido da raíña persa ao entrar na súa carroza e a volta de Xerxes vestido só de farrapos; a caótica entrada do coro en Os sete contra Tebas; As Danaides de aspecto africano, vestidas exoticamente, o seu enfrontamento cos soldados exipcios, a alfombra púrpura que levará a Agamenón á morte, As Erinias en escena, a procesión que conclúe na Orestíada etcétera, demostran o seu dominio da técnica teatral e a escenografía.

Temas e elementos fundamentais editar

O sufrimento humano é o tema principal no teatro esquizofrenico, un sufrimento que leva o personaxe ao coñecemento (recordar a máxima do pathei mathos, o coñecemento a través do sufrimento) e que non está rifado cunha forte crenza na xustiza final dos deuses. Na súa produción o sufrimento humano ten sempre causa directa ou indirecta nunha acción malvada ou insensata que conduce á desgraza dos protagonistas pero que pode ser herdada polos mesmos. É fundamental, a este respecto, a forza do genos, da herdanza da culpa e dos lazos de sangue, que provoca que as faltas dos antepasados sexan herdadas polos protagonistas míticos actuais como ocorre co enfrontamento entre Atreo e Tiestes que empaña as existencias de Agamenón, Existo e, posteriormente, de Orestes. Polo tanto, nalgunhas ocasións, trátase de vítimas indirectas que, ás veces, incorren elas mesmas nunha culpa maior ou menor, pero das que moitas son completamente inocentes.

Un elemento clave no teatro esquileo é a substitución, na escena final, da persuasión en lugar do emprego da violencia; como vemos na Orestíada. Case sempre, os deuses, son severos e implacables e os mortais atópanse prisioneiros, sen esperanza, a pesar de poderen elixir como afrontar o seu propio destino. Nas súas últimas producións, sobresae un concepto diferente da divindade, como ocorre na Orestíada onde os deuses do Agamenón e de Coéforos se converten en Euménides, en responsables e afectuosos protectores dos mortais que o merecen.

Esquilo está moi interesado na vida comunitaria da polis e todas as súas obras conservadas teñen aspectos visiblemente políticos. Parece ser un grande opositor da democracia (n'As Suplicantes a decisión do rei demórase por causa da consulta popular, o que supón un gran risco para a supervivencia do seu pobo), un mundo no que os seus elementos aparecen por primeira vez en As suplicantes. En todos os dramas de Esquilo aparece o contraste entre o individuo potente e dedicado aos seus intereses, así como ao control do estado, e os seus actos, frecuentemente irresponsables, ameazan con arruinalo, e a comunidade, que debería ter o control de si mesma e as accións colectivas destas aseguran a salvación xeral.

Obra editar

 
Aeschyli Tragoediae septem, 1552

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Esquilo, Tragedias: Persas. Siete contra Tebas. Suplicantes. Agamenón. Coéforas. Euménides. Prometeo, Editorial Gredos: Madrid, 2002 [1ª edición, 3ª impresión]. ISBN 84-249-1046-X.

Ligazóns externas editar