Batalla de Maratón

Coñécese como batalla de Maratón á que libraron a liga grega e os persas preto de Maratón, Grecia, na que se impediu a invasión de Grecia polo Imperio Persa. Nela, 10 000 soldados atenienses venceron a 26 000 persas. A nova da vitoria foi levada por un soldado ateniense, Fidípides, que morreu de esgotamento ao chegar a Atenas, dando así orixe á proba olímpica do maratón, na que se percorre a distancia que separaba as dúas cidades.

Milcíades, avisado do desembarque persa, incumbiu os atenienses a facérenlles fronte. Enviaron a Fidípides a Esparta para solicitar axuda, correndo 220 quilómetros nun día a cabalo. Os espartanos prometeron enviar axuda, mais argumentaron que, por razóns relixiosas (xa que se encontraban no nono día do mes lunar), non poderían facelo antes de seis días. Milcíades non podía esperar tanto tempo e lanzouse ao ataque contra os persas cos efectivos de que dispuña.

A batalla de Maratón - posicións iniciais das tropas gregas (azul) e persas (vermello).

O número de atenienses flutuaba probabelmente entre dez e quince mil combatentes, e as forzas persas eran uns vinte mil. Heródoto di que os persas tiñan seiscentos barcos, se ben outros autores gregos aumentan as forzas enimigas até un millón de efectivos, dato esaxerado e inverosímil. Os gregos cercaron os persas, que responderon cunha choiva de frechas, levando os gregos a precipitárense contra o inimigo e forzando a disposición en formacións fechadas, impedindo o uso da cabalaría.

Batalla de Maratón - O asedio duplo dos gregos.

Esta acción foi determinante, pois os persas non podían facer moito contra as largas lanzas das forzas gregas preparadas para un combate corpo a corpo, xa que os seus arcos non lles servían, e as espadas, puñais e espadas curtas non podían facer grande dano aos gregos protexidos con couraza. Os persas ofereceron grande resistencia, conseguindo romper en determinado momento o cerco grego, mais logo foi reagrupado, e estes fixéronos recuar até o lugar do desembarque, onde se deu a última parte do combate.

Os atenienses capturaron sete barcos, mais eran insuficientes para impedir a retirada do exército inimigo, que foi totalmente masacrado. As tropas persas, derrotadas, regresaron a Asia, mais isto non significou que o problema se solucionase entre persas e gregos, pois logo ocorrería unha nova guerra.

Fidípides, segundo conta a lenda, foi mandado por Milcíades a correr os 42 quilômetros que separaban a Maratón de Atenas para anunciar a vitoria grega. Após anunciala coa frase "Alegrádevos, atenienses, nós vencemos!", caeu morto debido ao esforzo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar