Esposa (grupo musical)

grupo musical galego

Esposa é un grupo galego de música pop formado en 2014 en Santiago de Compostela. Está formado por Mar Catarina (sintetizador), Cibrán Tenreiro (voz e batería), María Villamarín (voz e sintetizador) e Xacobe González (voz e guitarra). O seu estilo musical foi definido "entre o C86 e o garage minimalista"[1].

Esposa
Esposa en concerto
OrixeSantiago de Compostela, Galicia Galicia
Xénero(s)Música pop
Selo(s) discográfico(s)Prenom, Snap! Clap! Club
MembrosMar Catarina (sintetizador), Cibrán Tenreiro (voz e batería), María Villamarín (voz e sintetizador) e Xacobe González (voz e guitarra)
Na rede
Facebook: esposaoficial Bandcamp: esposa Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O grupo ten a súa orixe en 2014, nun acompañamento para a poeta Eba Reiro por parte de Cibrán e Xacobe, co nome de Eba Reiro y Esposa.

En 2016 editaron o EP Señor de, autoeditado, con portada de Leo Sousa. En 2017 publicaron o disco Xardín interior, que incluía as catro cancións de Señor de. O disco, producido por Bobby Perú e con portada de Mar Catarina, foi gravado e mesturado por Ibán Pérez en Estudio Terraforma (O Hío) e masterizado por Martin Ballesta en Last Punch Mastering (Glasgow). O disco inclúe unha versión de Fantasmage, "Vaciada", no que Ibán Pérez toca a trompeta e sintetizadores.

En 2017 representaron Galiza no festival Suns Europe, dedicado ás artes escénicas en linguas minoritarias, que se celebrou en Udine[2].

Discografía editar

  • Señor de (EP, 2016; autoeditado)[3][4]
  • Xardín interior (2017; Prenom)[5][6]
  • É o que hai (EP 2020; cassette Snap! Clap! Club)
  • Belo horizonte (EP 2020; cassette Snap! Clap! Club)

Notas editar

  1. Esposa en La Fonoteca (en castelán).
  2. "O pop rítmico de Esposa representa Galiza no Suns Europe" Arquivado 30 de abril de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 23 de novembro de 2017.
  3. Señor de, en Bancamp.
  4. Señor de, en La Fonoteca.
  5. Xardín interior, en Bancamp.
  6. Xardín interior, en La Fonoteca.