Kibi no Makibi

erudito e político xaponés do período Nara

Kibi no Asomi Makibi (xaponés: 吉備朝臣真備), nado en 695 e finado o 3 de novembro de 775, foi un erudito e nobre xaponés do período Nara, que chegou a exercer como vice-embaixador nipón na China dos Tang.[1] Tamén foi coñecido como Kibi Daijin (xaponés: 吉備大臣, lit. "Ministro Kibi").

Infotaula de personaKibi no Makibi

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 吉備真備 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento695 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Mabicho (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de novembro de 775 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Udaijin
766 –
Tōgū gakushi (en) Traducir
741 –
Q15897777 Traducir
716 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
RelixiónConfucianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , cortesão (pt) Traducir , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaClan Kibi Editar o valor em Wikidata
FillosKibi no Yuri (en) Traducir, Q11412647 Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Kibi no Makibi naceu no condado de Shimotsumichi, na provincia de Bitchū (actual Kurashiki, na prefectura de Okayama). Foi chamado Shimotsumichi-no Asomi Makibi, sendo fillo de Shimotsumichi-no Asomi Kunikatsu. O clan Shimotsumichi era unha familia da elite local, que formaba parte do meirande clan Kibi. Kibi era tamén o antigo nome da súa rexión natal (a provincia de Kibi), que incluía as provincias de Bitchū, Bizen, Bingo e Mimasaka.

Viaxe a China editar

En 717 ou 718, Kibi no Makibi uniuse á misión xaponesa enviada a Tang (kentōshi), xunto con Abe no Nakamaro[2] e Genbō.[3] Kibi permaneceu na China durante dezasete anos, para logo regresar ao Xapón.[4] É considerado o importador do go ao arquipélago, así como o introdutor da arte do bordado.[1]

Carreira política editar

En 737, foi ascendido ao quinto rango júnior. A súa influencia na corte desencadeou a rebelión de Fujiwara no Hirotsugu de 740. En 751, como sénior do cuarto rango, foi enviado á dinastía Tang como vice-embaixador. Regresou ao Xapón en 753.

Pasou varios anos en Kyūshū como administrador en Dazaifu (a principal representación gobernamental na illa), para despois volver a Nara. En 764, liderou o proxecto da construción do Tōdai-ji,[1] tras o cal foi promovido ao terceiro rango júnior.

Foi nomeado líder do exército para frear o alzamento de Fujiwara no Nakamaro. Alcanzou o segundo rango en 765, asumindo o posto de Gran Conselleiro (dainagon 大納言) e, máis adiante, o de Ministro da Dereita (udaijin 右大臣). En 770, apoiou a un dos candidatos ao trono, polo que presentou a súa dimisión ao non ser este coroado. A corte só aceptou retiralo da súa posición militar, mais permaneceu como Ministro da Dereita até 771.

Últimos anos editar

Tras retirarse, dedicouse ao estudo dos principios confucianos e as súas aplicacións á administración xaponesa.[1] Faleceu en 775, con oitenta anos de idade.

Contribucións editar

Algunhas fontes atribúenlle a invención dun dos silabarios xaponeses, o katakana.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Nussbaum 2002, p. 512.
  2. Nussbaum 2002, p. 3.
  3. Nussbaum 2002, p. 235.
  4. Fogel 1996, p. 22.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar