Julia Torregrosa
arquitecta e política galega
Julia Torregrosa Sañudo, nada en Barcelona en 1965, é unha arquitecta e política de Podemos Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecta , política |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Vicente Torregrosa Manrique (pt) |
Traxectoria editar
Filla do debuxante de banda deseñada Vicente Torregrosa. Arquitecta de profesión e autora de banda deseñada. Profesora de ensino medio no IES de Poio, do que foi directora. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 presentouse por En Marea pola provincia de Pontevedra. Logo da dimisión de Juan José Merlo e da renuncia de Xoán Hermida, foi deputada do Parlamento de Galicia en maio de 2018.