Ennistymon (en irlandés: Inis Díomáin[1]), tamén escrito Ennistimon,[1] é unha vila do condado de Clare que se atopa preto da costa oeste de Irlanda. En 2016 tiña unha poboación de 1 045 habitantes. Trátase dun popular destino turístico sendo famosas as fervenzas do río Inagh, que atravesa a localidade. Unha ponte que salva o río conduce á veciña Lahinch pola estrada secundaria N67, mentres que a N85 conecta con Ennis. A área foi oficialmente parte do Gaeltacht do oeste do condado de Clare até 1956.

Modelo:Xeografía políticaEnnistymon
Imaxe

Localización
Mapa
 52°56′N 9°17′O / 52.94, -9.29Coordenadas: 52°56′N 9°17′O / 52.94, -9.29
EstadoIrlanda
ProvinciasMunster
CondadosCondado de Clare Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Etimoloxía editar

Historicamente o nome da vila escribíase Inishdymon.[1] Crese que derivou de Inis Díomáin, que significa "a illa de Díomáin".[1] Porén, Míchéal Ó Raghallaigh argumenta que o nome provén de Inis Tí Méan, que significa "illa da casa do medio".[2]

Economía editar

Debido á súa condición de "vila de mercado" (market town), en Ennistymon pódense encontrar supermercados, salón de peiteado, carnizarías, tendas de informática, copisterías, tinturarías, lavandarías, cafetarías e un hotel, así como numerosos bed and breakfast. Tamén hai moitos pubs nos que se interpreta música tradicional irlandesa.

Transporte editar

Autobús editar

Existen dúas liñas de Bus Éireann que dan servizo á vila: a 333 e a 350. A liña 350 conecta Ennistymon con Ennis, Lahinch, os cantís de Moher, Doolin (onde é posíbel tomar un transbordador para ir ás Oileáin Árann), Lisdoonvarna e Galway. A liña 333 permite ir a Kilfenora, Corofin, Miltown Malbay e Doonbeg.

Tren editar

O West Clare Railway adoitaba atravesar a vila, conectándoa con Ennis e as vilas costeiras do oeste do condado. A estación de tren de Ennistymon abriu o 2 de xullo de 1887 e pechou o 1 de febreiro de 1961.[3]

Educación editar

Ennistymon posúe dúas escolas de educación primaria: Scoil Mhainchin/Ennistymon National School e Mol an Oige (escola Steiner).[4] Mol an Oige Steiner National School converteuse recentemente na primeira escola de pedagoxía Steiner en Irlanda en obter o recoñecemento permanente como escola nacional polo departamento de educación do país.[5] Scoil Mhainchin é o resultado da unión da CBS Primary School e The Convent of Mercy National School.

Tamén hai tres centros de educación secundaria na vila: Ennistymon CBS, a Vocational School e Scoil Mhuire.[6][7][8] Existen plans para amalgamar estes tres institutos.[9]

Lugares de interese editar

 
Monumento en homenaxe ás vítimas da Gran Fame irlandesa.
  • As fervenzas de Ennistymon son unha atracción turística popular.
  • O Falls Hotel (antigamente coñecido como Ennistymon House).
  • O monumento en homenaxe ás vítimas da Gran Fame irlandesa. Foi erixido o 20 de agosto de 1995 cando cumpría o 150 aniversario da traxedia. Atópase fóra de Ennistymon na estrada que conecta con Lahinch.

Vilas irmandadas editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Placenames Database of Ireland
  2. Míchéal Ó Raghallaigh:Scríobhaí ó Inis Díomáin, "The Other Clare", vol. 16 (Shannon, 1992),p. 18. 
  3. "Ennistymon station" (PDF). Railscot - Irish Railways. Consultado o 25 de outubro de 2016. 
  4. "Mol an Oige Steiner National School". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2016. 
  5. Ireland now has its first (official) Steiner National School
  6. "Ennistymon CBS Home Page". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2016. 
  7. "Ennistymon Vocational School Home Page". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2016. 
  8. "Scoil Mhuire Ennistymon Home Page". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2016. 
  9. School Amalgamations, Seanad Éireann Debate (Vol. 217 No. 7), o mércores 3 de outubro de 2012

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar