Ennis (irlandés: Inis) é unha cidade do condado de Clare, na costa oeste de Irlanda, á beira do río Fergus e a 241 km de Dublín e 67 km de Galway. O seu nome é unha abreviación do orixinal Inis Cluain Ramh Fhada. A vila de Ennis está situada a apenas 19 km do Aeroporto de Shannon, e a relativa pouca distancia de atraccións turísticas coma os Cantís de Moher ou o castelo de Bunratty.

Modelo:Xeografía políticaEnnis
Imaxe

Localización
Mapa
 52°50′47″N 8°58′51″O / 52.8463, -8.9807Coordenadas: 52°50′47″N 8°58′51″O / 52.8463, -8.9807
EstadoIrlanda
ProvinciasMunster
CondadosCondado de Clare Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación24.253 (2006) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude3 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico65 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webvisitennis.ie Editar o valor em Wikidata

En 2006, Ennis tiña unha poboación de 24.253 habitantes, o que o converte no 11º centro urbano máis grande de Irlanda.

Historia editar

O nome Ennis ven da palabra irlandesa Inis, que significa unha antiga illa entre os cursos do Río Fergus e onde estaba construída unha abadía franciscana. O pasado de Ennis está asociado á familia O'Brien, que eran descendentes de Brian Boru. Durante o século XII, os O'Brien, que eran Reis de Thomond, deixaron o seu poder en Limerick e construíron unha residencia real en Clonroad, na illa. Durante 1240, o rei Donnchadh O'Brien ordenou a construción dunha extensión dos dominios da igrexa que logo donaría aos recentemente formados seguidores de S. Francisco. Os séculos que seguiron foron dunha grande actividade.

A vila contén moitas edificacións militares británicas que foron construídos ao longo dos séculos. As áreas de Clare Road e Clonroad conteñen casas acaroadas construídas a principios do século XX para vivendas de soldados. En Station Road, houbo unha cadea. Moitos homes de Ennis combateron co Exército Británico durante a primeira guerra mundial.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar