Elena del Rivero

artista española


Elena del Rivero, nada en Valencia en 1949, é unha artista española que dedicou os últimos 15 anos ao traballo con papel.[1] Vive en Nova York desde 1991.[2]

Infotaula de personaElena del Rivero
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista , debuxante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Formación editar

Despois de terminar estudos de grao medio, matriculouse na Facultade de Filosofía na Universidade de Valencia en 1971. En 1974 trasladouse a Madrid onde retomou a súa inclinación pola pintura e concluíu os seus estudos en Filoloxía Inglesa.[3] A principios os anos 80, viuse influída polo traballo de Anselm Kiefer, expoñente do neoexpresionismo,[4] movemento artístico que pretende retomar o primitivismo da figuración mediante a pincelada longa e o contraste de cores e que está relacionado co Minimal Art.[5] En 1988 entrou en contacto coa obra de Agnes Martin, de quen tomou as formas xeométricas e o seu interese pola abstracción. Despois de mudarse a Nova York en 1991 empezou coa produción de series minimalistas de grafito e a pintura ao óleo.[4]

Obra editar

A súa obra concéntrase en tres temas fundamentais: o literario (tanto o formato físico como o puramente escrito), a escultura e o "feminino". O seu traballo vira ao redor do práctico, onde dá cabida a varios tipos de materiais (papel, farrapos, vimes). Na pintura ao óleo adoita utilizar aceite de oliva, mentres que, de forma máis autónoma, utiliza teas como compoñente artístico.[4] Participou en varias exposicións tanto temporais como permanentes,como a celebrada en 2001 no The Drawing Center de Nova York, onde segue achegando máis obras de forma periódica[6][7] e en 2016 no The Christodora Building en East Village, onde a obra se inclúe no exterior do edificio.[8]

A súa obra fundamental é Cartas a la Madre, sobre a que empezou a traballar cando acababa de chegar a Nova York, inspirada na posibilidade de analizar máis de cerca o rol da muller artista.[9] A obra recolle en forma de revista a vida enteira da artista tanto como filla e como nai xuntando vida e arte nunha soa manifestación plástica. A partir de 1992 as cartas inspíranse no traballo de Kafka e, sucesivamente, expándese con traballos en serie.[10] Unha selección destas Cartas estivo exposta no Instituto de Arte Moderna IVAM de Valencia, vinte anos despois da súa última aparición en España.[6]

En La perfecta casada, instalación que realiza por primeira vez no ano 2000 e no marco dun taller de costura, aparecen cosidas as páxinas da obra homónima de Frei Luís de León sobre un xigantesco tule.[11] No ano 2016 expúxoa na Biblioteca Pública Municipal de Madrid Eugenio Trías, como artista convidada á Feira do Libro de Artista.[12]

En 2018 a súa obra Letters to the Mother III (Cartas á Nai III,1993) formou parte da exposición El poder del arte, organizada con motivo da conmemoración do 40 aniversario da Constitución española. As obras procedentes do Museo Nacional Centro de arte Raíña Sofía situáronse nas sedes do Congreso dos Deputados e do Senado.[13] Ese mesmo ano participou na exposición colectiva La NO comunidad en CentroCentro, Madrid. A mostra ofrecía unha mirada poliédrica á idea da soidade desde o cuestionamento da comunidade.[14][15]

As súas obras atópanse en coleccións de diferentes institucións de Europa e os Estados Unidos, por exemplo, Colby College Museum of Art en Waterville,[16] Museum of Modern Art en Nova York,[17] National Gallery of Art en Washington,[18] Pollock Gallery at Southern Methodist University en Dallas, Fundación La Caixa,[19] ou o Museo Nacional Centro Arte Raíña Sofía,[20] entre outros.

Recoñecementos editar

Del Rivero recibiu diferentes bolsas e premios durante o transcurso da súa carreira:[21] Premio Joan Mitchell de pintura en 2015,[22] Residencia da Fundación Rockefeller en Bellagio (Italia), Premio da New York Foundation for the Arts,[23] Bolsa da Fundación Pollock-Krasner, Premio da Fundación Creative Capital,[24] Premio Navarra de Pintura, Bolsa para novos artistas do Ministerio de Cultura de España e o Premio de Roma do Goberno Francés, entre outros.

Notas editar

  1. "A mano:Trabajos sobre papel.". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  2. "Elena del Rivero. Cinco cartas retenidas, una sexta inacabada, una séptima enviada, más una octava recibida". Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  3. "Curriculum Vitae de Elena del Rivero en Jason Mccoy Gallery" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Elena del Rivero: la artista como corresponsal o la poética de lo cotidiano.". Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  5. "NEOEXPRESIONISMO". Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "Elena del Rivero: Los años neoyorquinos". Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  7. Elena de Rivero. "“Duchamp me permite ser mujer”.". Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  8. "Elena de Rivero" (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  9. "NEW MUSEUM PRESENTS A SPECIAL PROJECT BY ARTIST ELENA DEL RIVERO TO COMMEMORATE THE TENTH ANNIVERSARY OF 9/11 | N.Y." (en italiano). Consultado o 12 de novembro de 2017. 
  10. "A mano: Trabajos sobre papel.". Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  11. "Elena del Rivero: la artista como corresponsal o la poética de lo cotidiano" (en castelán). 21 de maio de 2016. Consultado o 1 de abril de 2019. 
  12. "La poética feminista de Elena del Rivero estará en la feria Masquelibros" (en castelán). 28 de abril de 2016. Consultado o 1 de abril de 2019. 
  13. Aniversario, Constitución 40 (23 de novembro de 2018). "Congreso, Senado y el Museo Reina Sofía colaboran en una exposición que explora la relación del arte y la historia de la Transición" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2018. 
  14. ARTEINFORMADO (20180924). "La NO comunidad. A modo de ensayo sobre la soledad en el tardocapitalismo, Exposición, oct 2018" (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  15. "La NO Comunidad" (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2019. 
  16. "elena del rivero | Search Results | Colby College Museum of Art". Colby College Museum of Art (en inglés). Consultado o 28 de xullo de 2017. 
  17. "Elena del Rivero | MoMA" (en inglés). Consultado o 28 de xullo de 2017. 
  18. "Global Site Search Page". Consultado o 28 de xullo de 2017. 
  19. ""La Caixa" Collection". Consultado o 28/7/17. 
  20. "Rivero, Elena del" (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2017. 
  21. "Elena del Rivero en Nueva York". Revista de Arte - Logopress (en castelán). 12 de setembro de 2011. Consultado o 12 de novembro de 2017. 
  22. Foundation, Joan Mitchell. "Joan Mitchell Foundation » News & Events » Joan Mitchell Foundation announces the 2015 Painters & Sculptors Grant Recipients" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2017. 
  23. ARTEINFORMADO (20130703). "Elena del Rivero se estrena en la neoyorquina Gering & López Gallery. Mercado. jul 2013 | ARTEINFORMADO". ARTEINFORMADO (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2017. 
  24. "Creative Capital - Investing in Artists who Shape the Future" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2017. Consultado o 12 de novembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar