Palacio de Comunicacións de Madrid

O Palacio de Comunicaciones (denominado dende 2011 Palacio de Cibeles) é un conxunto integrado por dous edificios de fachada branca situados nun dos centros do Madrid histórico. Eríxense nun lateral da praza de Cibeles, ocupando uns 30.000 metros cadrados do que foron os antigos Jardines del Buen Retiro.[1] A elección do sitio gozou de polémica na súa época por privar a Madrid dun lugar de recreo.[2] A primeira pedra colocouse no ano 1907 e inaugurouse oficialmente o 14 de marzo de 1919, comezando o seu funcionamento como moderna central de distribución de correos, telégrafos e teléfonos. Tras algunhas evolucións arquitectónicas do exterior do edificio (como a ampliación en dous andares cara á rúa e pasaxe de Montalbán), xa no ano 2007 comeza a albergar as dependencias municipais do Concello de Madrid, trasladando as súas dependencias dende a Casa de la Villa e a Casa de Cisneros (ambas situadas na Plaza de la Villa). Esta reforma de comezos do século XXI no edificio inclúe ademais unha área cultural denominada "CentroCentro".

Palacio de Comunicacións de Madrid
Fachada do Palacio de Comunicaciones en 2012.
Coordenadas40°25′07″N 3°41′30″O / 40.418611, -3.691667Coordenadas: 40°25′07″N 3°41′30″O / 40.418611, -3.691667
editar datos en Wikidata ]

O conxunto é desde o punto de vista da arquitectura española un dos primeiros e máis representativos exemplos de arquitectura modernista erixidos no centro de Madrid.[3] De fachada con evocacións neoplaterescas e do barroco salmantino.[4] O edificio, mediante concurso municipal, foi deseñado polos novos arquitectos españois Antonio Palacios e Joaquín Otamendi Machimbarrena, autores dos proxectos da ponte de Bilbao, o casino de Madrid e a ponte de San Sebastián, como sede para a Sociedad de Correos y Telégrafos de España.[5] Este traballo foi o inicio da fulgurante carreira construtiva de ambos os dous arquitectos. Os motivos decorativos da fachada e do interior foron realizados polo escultor romántico Ángel García Díaz (colaborador habitual de Palacios).[6] Un dos obxectivos do deseño era a construción dun "edificio para o público".

No centro do escudo de España que preside a fachada, Palacios fixo esculpir o escudo de Galicia. Segundo conta Alfonso Paz-Andrade, fillo de Valentín Paz-Andrade, foi este quen suxeriu incluír ese detalle nunha visita que fixo ao taller.[7]

Notas editar

  1. Ariza, Carmen (1990). "Los jardines del Buen Retiro de Madrid". Lunwerg (Ayuntamiento de Madrid) II. 
  2. Pérez Rojas, Francisco Javier. "Arquitectura madrileña de la primera mitad del siglo XX : Palacios, Otamendi, Arbós, Anasagasti". Exposición celebrada en el Museo Municipal de Madrid, en marzo de 1987 (Madrid: Ayuntamiento de Madrid). ISBN 8450559227. 
  3. Illa Ayuso, Belén (2000). "Palacio de Comunicacións: intervención nunha das mostras do modernismo madrileño". Restauración & Rehabilitación: Revista Internacional del Patrimonio Histórico (44): 34–45. ISSN 1134-4571. 
  4. Pérez Rojas, Francisco Javier (1985). "Antonio Palacios y la arquitectura de su época". Villa de Madrid (Madrid: Ayuntamiento de Madrid) (38): 3–20. 
  5. Bahamonde Magro, Anxo (2000). Correos y Telégrafos, ed. El Palacio de Comunicaciones: un siglo de historia de Correos y Telégrafos (primeira ed.). Madrid. ISBN 84-7782-758-3. 
  6. Arévalo Cartagena, Juan Manuel (2004). "Un escultor para arquitectos: la obra de Ángel García". Goya: Revista de Arte (301-302): 289–306. ISSN 0017-2715. 
  7. Meu pai acostumaba ir a Madrid por traballo e, nunha desas viaxes, decidiu ir visitar o seu amigo. Palacios estaba preparando sobre unha mesa e a tamaño natural o bosquexo do escudo de España para Correos e o meu pai díxolle "plántalle aí o de Galicia". [1]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar