El Paso, La Palma

concello canario da illa de La Palma

El Paso é un municipio situado na illa de La Palma, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, no arquipélago das Canarias.

Modelo:Xeografía políticaEl Paso, La Palma
El Paso (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 28°39′05″N 17°52′50″O / 28.6513, -17.8806Coordenadas: 28°39′05″N 17°52′50″O / 28.6513, -17.8806
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación7.967 (2023) Editar o valor em Wikidata (58,58 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie136 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude630 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónInmaculada Concepción Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38750 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE38027 Editar o valor em Wikidata

Páxina webayuntamientodeelpaso.org Editar o valor em Wikidata

Xeograficamente está situado no centro da illa de La Palma, e abrangue cara ao oeste a Caldera de Taburiente, parte do Val do Aridane, Cumbre Nueva e Cumbre Vieja. É o municipio meirande da illa e o único dos 14 municipios da Palma que carece de franxa costeira. En 2018 tiña unha poboación de 7.543 habitantes.[1]

O núcleo de poboación debe ter as súas orixes na era prehispánica da illa. Case certamente, polos gravados atopados na zona, consistía nun principio nun asentamento temporal de pastores benahoaritas.[2] Durante a colonización e a maior parte da Idade Moderna o actual territorio do municipio formou parte administrativamente do Val de Ariadne. En 1837 segregouse do concello de Los Llanos de Aridane e en 1910, baixo o reinado de Afonso XII, o municipio gañou o título de Cidade.[3]

No cume do municipio atópase o exemplar máis antigo de piñeiro das Canarias, cunha idade estimada en máis de 1000 anos.[4]

Xeografía editar

 
Fachada do Concello.

Ocupa unha superficie de 135,92 km², que o fai o municipio máis extenso da illa de La Palma. Ten unha poboación de 7.543 habitantes, un descenso en comparación cos 7.947 que tiña en xaneiro de 2011, o seu máximo histórico. A capital do municipio, a cidade de El Paso, está situada a unha altitude de 644 metros sobre o nivel do mar. Trátase do único municipio interior de La Palma. Linda con todos os concellos da illa excepto con Tazacorte.

Algúns barrios e localidades do municipio son Tacande, Las Manchas, La Rosa, Camino Viejo, Tenerra, Los Barriales, Fátima, El Paso de Abajo, Cajita del Agua, El Calvario, Tendiña, Tajuya e Los Dos Pinos.

Neste termo municipal áchase o Parque Nacional da Caldera de Taburiente, así como o Parque Natural de Cumbre Vieja. Outras paraxes naturais de interese son a Cumbrecita, o Pico Bejenao, o Llano la Negra, o Pico Virigoyo ou Verigoyo, a Cumbre Nueva, o Volcán de Tacande ou o Volcán de San Juan.

Unha extensión importante do municipio está cuberta por bosques de piñeiro canario.

Economía editar

 
Sector leste do municipio de Ell Paso, con Cumbre Nueva ao fondo, panorama que se ve desde a Cumbrecita cara ao sur.

Na agricultura destaca a viña (plantación de vide), a amendoeira e algunhas árbores froiteiras. Ata hai unhas décadas houbo tamén unha importante actividade gandeira (caprina e bovina), pero hoxe esta práctica está en desuso.

Canto á economía, cabe apuntar o duro golpe que supuxo, non só para este municipio, o peche da fábrica de tabacos que daba emprego a uns 250 traballadores. A fábrica foi fundada en 1923 pola familia Capote e anos máis tarde pasou á multinacional RJR. Esta vendeuna á JTI, que pechou as instalacións no ano 2000. Na actualidade, as antigas naves da fábrica de tabaco están consideradas zona industrial para novas empresas.

Festas editar

A festividade máis importante do municipio é a romaxe da Virgen del Pino, patroa do concello, que se celebra o primeiro domingo de setembro na ermida na que se garda a súa imaxe, preto da Cumbrecita. A celebración consiste nunha misa, procesión, xantar de romeiros, carreira de cabalos e recital de poesía, que reúne nun concurso os famosos Versadores,​​ unha das xoias etnográficas do patrimonio inmaterial que a illa de La Palma atesoura entre as súas tradicións culturais. Cada tres anos, o segundo sábado de agosto celébrase a baixada da Virxe desde a ermida ata o centro da cidade, na que permanece ata a véspera da súa onomástica, o 8 de setembro, cando é levada de volta á ermida. Durante estas celebracións, á parte da romaría que acompaña a imaxe ata o centro de El Paso e viceversa, organízanse exposicións, concertos musicais, danza e xogos tradicionais, xornadas de cine etc.

O Carnaval é outra das festas do municipio, así como o Sagrado Corazón, cuxa imaxe é paseada procesionalmente entre arcos e alfombras florais.

 
Vista de El Paso

Notas

  1. "INEbase. CONSUL". www.ine.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2017. Consultado o 2017-04-16. 
  2. Pais Pais, Felipe Jorge (2014). "Estrategias Sociales en La explotación del territorio entre los Benhaoaritas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xuño de 2013. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  3. "El Paso, de una 'tierna venganza' a ciudad centenaria". eldia.es (en castelán). 2010-08-26. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 2017-04-16. 
  4. "El pino más viejo de Canarias tiene achaques". eldiario.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 2017-04-16. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar