Afonso XII de España

Rei de España (1868-1885)

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e finado en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi rei de España entre 1875 e 1885.

Afonso XII de España
Nome completoAlfonso Francisco de Asís Fernando Pío Juan María de la Concepción Gregorio Pelayo de Borbón y Borbón
Nacemento28 de novembro de 1857
Lugar de nacementoMadrid e Palacio Real de Madrid
Falecemento25 de novembro de 1885
Lugar de falecementoPalacio Real de El Pardo
Causatuberculose e Disentería
SoterradoCripta Real do Mosteiro do Escorial
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterCollège Stanislas (París), Royal Military College, Sandhurst, Theresian Military Academy e Theresianum
Ocupaciónmonarca
PaiFrancisco de Asís de Borbón
NaiIsabel II de España
CónxuxeMaría de las Mercedes de Orleans e María Cristina de Habsburgo-Lorena
FillosMaría de las Mercedes de Borbón y Habsburgo-Lorena, Afonso XIII de España, Alfonso Sanz y Martínez de Arrizala, Fernand Sanz e María Teresa de Borbón
IrmánsFernando Francisco de Bourbon, Maria de Pilar, Infanta de Espanha, Isabel de Borbón y Borbón, Eulália, Maria da Paz, Infanta de Espanha, Maria da Conceição de Bourbon e Infante Francisco de Asís of Spain
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Ordem de Santo André, Gran cruz da Lexión de Honor, Knight of the Garter, Ordem do Serafim, Ordem da Anunciação, Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus, Knight grand cross of the order of the crown of Italy, Royal Order of Kamehameha I, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Grão-Mestre da Ordem de Santiago, Grand Master of the Order of the Golden Fleece, illustrious son e Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion
Na rede
Galiciana: 351418 WikiTree: Bourbon-74 Find a Grave: 3968 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apuntan a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Traxectoria editar

Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola revolución de 1868, "La Gloriosa", e foron obrigados a exiliarse, polo que se educou en diversas cidades europeas como París, Viena etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en 1870. Nestes anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868-70), o reinado de Amadeu I de Savoia e a Primeira República española (1873-1874). Esta foi liquidada polo xeneral Pavía, e grazas a isto, abriuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica (sexenio Revolucionario).

O 1 de decembro, Afonso fixo público un manifesto (Manifesto de Sandhurst), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de 1874 prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o xeneral Serrano, imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Manuel Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era Práxedes Mateo Sagasta.

En xaneiro de 1875 chegou a España e foi proclamado rei perante as Cortes Españolas. O seu reinado consistiu en restaurar a monarquía e o país arranxando as disputas internas, adquirindo así o seu alcume de "Pacificador".

Un ano máis tarde, en 1876, aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a terceira guerra carlista.

 
Busto de Afonso XII nunha moeda, gravado por G. Sellán.

Afonso XII realizou en 1883 unha visita oficial a Bélxica, Austria, Alemaña e Francia. Alemaña tratou de ocupar as illas Carolinas, naquel momento baixo dominio español, provocando un incidente entre os dous países que se saldou a favor de España coa sinatura do acordo hispanoalemán en 1885. Ese mesmo ano atopouse un gromo de cólera en Aranjuez.

Pouco despois o rei morreu de tuberculose o día 25 de novembro de 1885 no Palacio del Pardo en Madrid.

Matrimonio editar

Casou dúas veces, primeiro coa súa curmá, María de las Mercedes de Orleáns, filla dos duques de Montpensier,[1] quen morreu de tifo uns meses despois de casaren. Despois casou con María Cristina de Habsburgo-Lorena, con quen tivo tres fillos.

Fillos editar

Notas editar

  1. Comellas García-Llera, José Luis (2014). Historia de España contemporánea (10ª ed.). RIALP. p. 256. ISBN 978-84-321-4346-5. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Ningún
(Francisco Serrano,
Presidente da República)
  
Rei de España
 
1874 - 1885
Sucesor:
Afonso XIII