El Obrero foi un periódico editado en Ferrol entre 1910 e 1936.

El Obrero
LocalidadeFerrol
Na rede
Galiciana: 3884
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Órgano de la Agrupación Socialista ferrolana y defensor de la clase trabajadora, apareceu como semanario socialista e converteuse en voceiro oficial da Agrupación Socialista de Ferrol en 1913. Estivo dirixido por Edmundo Lorenzo Santiago. Foi suspendido durante a Ditadura de Primo de Rivera e reapareceu en 1930. Pechado por orde gobernativa entre outubro de 1934 e abril de 1935, seguiu editándose ata xullo de 1936. Na Segunda República foi dirixido por Marcial Fernández Vázquez, Ángel Mato Peña, Manuel Morgado e Xaime Quintanilla.

As súas páxinas fomentaron a polémica entre os partidarios galegos das teses esquerdistas de Largo Caballero e os defensores da liña moderada adoptada polo PSOE durante o primeiro bienio republicano. Entre os seus colaboradores figurou Tomás López da Torre e incluíu colaboracións de prestixiosas sinaturas do socialismo español como Luis Araquistain, Andrés Saborit, Sócrates Gómez e Francisco Largo Caballero.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar