Francisco Largo Caballero

político español


Francisco Largo Caballero, nado en Madrid o 15 de outubro de 1869 e finado en París o 23 de marzo de 1946, foi un sindicalista e político español, histórico dirixente do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión Xeral de Traballadores (UXT). Durante a Segunda República Española foi Ministro de Traballo (1931-1933) e Presidente do Goberno (19361937).

Infotaula de personaFrancisco Largo Caballero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1869 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 1946 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTumba de Francisco Largo Caballero (1978–) Editar o valor em Wikidata
Presidente do Consello de Ministros
4 de setembro de 1936 – 17 de maio de 1937
← José GiralJuan Negrín →
Ministro da Guerra
4 de setembro de 1936 – 17 de maio de 1937
← Juan Hernández SaraviaIndalecio Prieto →
Deputado nas Cortes republicanas

20 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Deputado nas Cortes republicanas

7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Presidente do Partido Socialista Obreiro Español
12 de outubro de 1932 – decembro de 1935
← Remigio CabelloRamón González Peña →
Ministro de Traballo e Previsión Social
outubro de 1931 – 12 de setembro de 1933 – Carles Pi i Sunyer →
Deputado nas Cortes republicanas

6 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Ministro de Traballo de España
14 de abril de 1931 – outubro de 1931
← Gabriel Maura Gamazo
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 6 de novembro de 1927
Deputado das Cortes
17 de abril de 1918 – 2 de maio de 1919
Circunscrición electoral: Barcelona
Concelleiro de Madrid
1905 – 1909
Circunscrición electoral: Chamberí

Datos persoais
Residenciarúa de Eloy Gonzalo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoSindicato Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , sindicalista , estuquista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (1893–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
8 de abril de 1978enterro de Largo Caballero en Madrid
28 de marzo de 1946Funeral Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 7689 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Activismo inicial editar

Estuquista de profesión, Largo Caballero xa participa na primeira folga de obreiros da construción no ano 1890. Afiliouse ao PSOE en 1894.

Participou no Comité que organizou a folga xeral revolucionaria de 1917 e, tras o fracaso da mesma, foi condenado a cadea perpetua e internado no penal de Cartaxena. Mais o seu encarceramento no durou moito xa que foi posto en liberdade ao resultar elixido deputado nas eleccións celebradas no ano seguinte.

Á morte de Pablo Iglesias Posse, fundador do partido socialista, en 1925, sucederíao xunto con Julián Besteiro, á fronte do seu sindicato, a UXT. Foi vicepresidente (19081918) e secretario xeral (19181938) desa central sindical socialista

Ditadura de Primo de Rivera editar

Moderado nas súas posicións, no principio da súa vida política foi partidario de manter unha certa colaboración da UXT co goberno ditatorial do xeneral Miguel Primo de Rivera, o que permitiu que o sindicato seguira a funcionar na situación imposta polo Directorio militar. Isto motivou unha aceda polémica con Indalecio Prieto, contrario a esta colaboración co réxime ditatorial

 
Largo Caballero
 
Despacho de Francisco Largo Caballero, gardado nos Arquivos do Movemento Obreiro en Alcalá de Henares.

II República editar

Co primeiro goberno, provisorio, da II República, presidido por Niceto Alcalá-Zamora, en 1931, ostentaría a carteira do Ministerio de Traballo, continuando no cargo, até 1933, nos dous gobernos seguintes, presididos por Manuel Azaña. Gozaría de gran popularidade entre as masas obreiras, que se vían reflectidas nel e na súa forma de vida austera.

En 1933 prodúcese o triunfo electoral da CEDA, aínda que o Goberno pasou a ser dirixido por Alejandro Lerroux, do Partido Radical, con apoio da citada formación, e tras a regresión que se observa na política social desta coalición, o seu pensamento evoluciona cara a posturas máis radicais, comezando a falar de «revolución socialista» e a sustentar as formulacións que darían lugar, en outubro de 1934 á fracasada revolución, que atinxiu grande virulencia en Asturias, máis tamén levou a proclamar o Estado Catalán en Cataluña, e que foi fortemente reprimida polo xeneral Franco, so ordes do goberno da República. De novo foi xulgado, sendo condenado a trinta anos de cárcere, aínda que logo foi posto en liberdade.

Partidario da alianza entre os diversos sindicatos e partidos obreiros, avogou por un pacto co Partido Comunista e co sindicato anarquista CNT, o que provoco o seu enfrontamento con outros líderes socialistas, especialmente con Indalecio Prieto de novo. Este enfrontamento entre os revolucionarios caballeristas e os moderados prietistas foi acrecentando, até o punto de que Largo Caballero chegou a ser alcumado popularmente o «Lenin español».

Guerra civil editar

Tras o esborrallamento do goberno de Giral, o 4 de setembro de 1936, xa en plena Guerra civil, foi designado xefe do Goberno e ministro da Guerra. A súa maior preocupación, á parte do curso da contenda, foi tentar manter a disciplina no Exército e a autoridade gobernamental dentro da zona republicana a calquera prezo. Porén, o descontento polo curso desfavorábel da guerra e os enfrontamentos desatados en Barcelona, en maio de 1937, que levaron ao enfrontamento entre o POUM e a CNT, por unha banda, e o goberno da Generalitat catalana e os comunistas, por outra, que comezaron ao tentar tomar a policía o edificio da Telefónica, baixo control da CNT, e a negativa de Largo Caballero a asinar a ilegalización do POUM so presión soviética, foron circunstancias utilizadas, polos socialistas leais a Indalecio Prieto, polos comunistas do PCE e máis os republicanos de esquerdas, con pleno consentimento de Manuel Azaña, como pretexto para provocar unha crise gobernamental e forzar a súa dimisión, sendo substituído á fronte do goberno polo doutor Juan Negrín, tamén socialista.

No exilio editar

En 1939, logo da derrota republicana, exiliouse en Francia. Ao se producir en 1940 a ocupación de Franxa por parte da Alemaña nazi é arrestado polas tropas de ocupación e internado no campo de concentración de Sachsenhausen-Oranienburg, onde pasou a maior parte da Segunda guerra mundial. Liberado ao final desta polo Exército Vermello, faleceu no exilio en París, sendo trasladados os seus restos mortais a Madrid en 1978, celebrándose un funeral na súa memoria ao que acudiron 500.000 persoas, convocadas polas organizacións socialistas (PSOE, UXT e XSE). Nese mesmo ano a UXT creou a Fundación que leva o seu nome.


Predecesor:
José Giral
 Presidente do Goberno de España 
1936 - 1937
Sucesor:
Juan Negrín
Predecesor:
Julián Besteiro
 Presidente da Comisión Executiva do PSOE 
1932 - 1935
Sucesor:
?
Predecesor:
Julián Besteiro
 Presidente da UXT 
1934 - ?
Sucesor:
?
Predecesor:
Vicente Barrio
 Secretario Xeral da UXT 
1918 - 1937
Sucesor:
José Rodríguez Vega