Eduardo Hernández-Sonseca
baloncestista español
Eduardo Hernández-Sonseca Lorenzo, nado o 21 de xuño de 1983 en Madrid, é un xogador profesional de baloncesto español que desde 2018 xoga no Basket Navarra da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 2,12 metros xoga na posición de pivote.
Basket Navarra | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1983 (40 anos) Madrid, España |
Altura | 2,12 m (6 ft 11.5 in) |
Peso oficial | 111 kg (245 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
Carreira | 2000−presente |
Historial de equipos | |
Real Madrid B (2000–2002) Real Madrid (2001–2004) →Gran Canaria (2004–2005) Real Madrid (2005–2007) Joventut Badalona (2007–2010) Bilbao Basket (2010–2011) Valladolid (2011–2012) Caja Laboral (2012) Básquet Coruña (2013) Afra Khalij Fars Tehran (2013–2014) Kangoeroes Basket Willebroek (2014) Planasa Navarra (2014) Bucaneros de La Guaira (2014) Planasa Navarra (2014–2015) Melilla (2015–2016) Oviedo (2016–2017) Básquet Coruña (2017–2018) Basket Navarra (2018–presente) |
Traxectoria editar
Hernández-Sonseca comezou coma profesional no segundo equipo do Real Madrid, e xogou no primeiro equipo branco ata o ano 2007, cando o deixou para fichar polo DKV Joventut. Tras varias tempadas en Badalona, xogou para varios equipos da Liga ACB. En xaneiro de 2013, uniuse ó Leyma Básquet Coruña da LEB Ouro para a segunda parte da tempada 2012-13.[1]