Eduardo Gustavo Loureiro Álvarez

futbolista galego

Eduardo Gustavo Loureiro Álvarez, nado o 8 de setembro de 1964 en Montevideo (Uruguai) é un exfutbolista uruguaio que xogaba na demarcación de defensa.

Gustavo Loureiro
Información persoal
Nome Eduardo Gustavo Loureiro Álvarez
Nacemento 8 de setembro de 1964 (59 anos)
Lugar de nacemento Montevideo
Altura 1,69 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
1973-1978 Escuela Industrial de Río Blanco
1978-1981 Gondomar CF
1981-1982 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1982-1986 Gran Peña
1986-1989 Celta de Vigo 28 (0)
1989-1992 Deportivo da Coruña 35 (0)
1993-1995 Gran Peña
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de emigrante galego con catorce anos volveu a Galicia, onde se formou e desenvolveu a súa carreira futbolística.

En 1989 fichou polo Deportivo da Coruña, na Segunda División. Foi titular habitual na súa primeira tempada, mentres que a segunda, a tempada do ascenso, pasouna en branco despois de romper a tibia contra o Bayern de Múnic no Teresa Herrera.[1] Na 1991/92 disputou só sete partidos de liga en Primeira, ademais doutros seis na Copa do Rei.

Notas editar

  1. "Especial". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 1990. p. 35.