Edna Payne
Edna Payne, nada o 5 de decembro de 1891 e finada o 31 de xaneiro de 1953, foi unha actriz cinematográfica de nacionalidade estadounidense, activa na época do cine mudo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1891 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 31 de xaneiro de 1953 (61 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Hollywood Forever Cemetery (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de cinema |
Período de actividade | 1911 - 1917 |
Lingua | Lingua inglesa |
|
Biografía editar
Nada na cidade de Nova York, os seus pais eran actores teatrais. Sendo nena, Payne xa actuaba no xénero do vodevil en espectáculos xunto aos seus pais, e en 1911 debutou no cine con Higgenses Versus Judsons. Ela fixo primeiros papeis dramáticos, e posteriormente actuou nuns poucos westerns, entre eles The Girl Stage Driver (1914).[1] Foi dirixida en varios filmes por Harry Solter, un cineasta que traballaba para Lubin Manufacturing Company. Aínda que a súa carreira desenvolveuse unicamente durante os anos 1910, ao longo da mesma Payne actuou nun total de 67 producións, a miúdo como protagonista, aínda que co paso do tempo houbo de actuar para pequenas produtoras en cintas de baixo orzamento.
A actriz deixou definitivamente a pantalla en 1917, tras casar co actor Jack Rollens, do cal se divorciou en 1925.
Edna Payne faleceu nos Ánxeles en 1953, aos 61 anos de idade, por mor dunha enfermidade hepática. Foi enterrada no Cemiterio Hollywood Forever, en Hollywood[2].
Notas editar
- ↑ Kehr, Dave (6 de xuño de 2010). "Long-Lost Silent Films Return to America". The New York Times.
- ↑ Find a Grave
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edna Payne |
Ligazóns externas editar
- Edna Payne na IMDb (en inglés).