Duport Stradivarius

O Duport Stradivarius é un violonchelo construído en 1711 polo luthier italiano Antonio Stradivari de Cremona. É moi similar ao Davidov Stradivarius, coa forma buono ou forma b que o luthier empregou a partir de 1710. O instrumento recibe o seu nome por Jean-Louis Duport, quen o tocou arredor de 1800. En 1812, Duport permitiulle a Napoleon Bonaparte que o tocara; un burato, aínda visible no instrumento, dixe que foi feito polas esporas das botas do emperador. Auguste-Joseph Franchomme estableceu un récord de prezo pola súa compra ao pagar 22.000 francos en 1843 ao fillo de Duport. O fabricante de instrumentos Jean Baptiste Vuillaume empregou o Duport como principal modelo para os seus violonchelos. O Duport é un dos máis valiosos violonchelos Stradivari. Pertenceu e foi tocado por Mstislav Rostropovich entre 1974 e 2007.

O Duport Stradivarius tocado por Mstislav Rostropovich en 1978.

O instrumento pertence na actualidade aos herdeiros de Rostropovich.[1]

Características editar

Lonxitude 75,5 cm
Ancho (parte superior) 34 cm
Ancho (no centreo) 22,8 cm
Ancho (parte inferior) 43,6 cm

Propietarios e intérpretes [2] editar

Propietarios editar

Propietario Dende ... Encóntrase en ... Ata
Jean-Louis Duport 1819
Louis Duport 1819 1842
Auguste-Joseph Franchomme (e fillo) 1842 1892
Baron Knoop 1892
John S. Phipps 1906
Horace Havemeyer 1927
Gerald M. Warburg 1968
Mstislav Rostropovitch e os seus herdeiros 1974

Intérpretes editar

Intérprete Dende ... Encóntrase en ... Ata
Jean-Louis Duport 1819
Auguste-Joseph Franchomme 1842 1884
Mstislav Rostropovitch 1974 2007

Notas editar

  1. Kate Taylor (11 August 2008). "Rare Cello Expected To Set World Record at Auction". The Sun. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2018. Consultado o 2009-11-16. 
  2. Sylvette Milliot: Le violoncelle en France aus XVIIIe siècle, Tese defendida na Université Sorbonne Paris 4 en 1981, publicado por édition Slatkine en 1985

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar