Mstislav Rostropovich

Mstislav Leopoldovich Rostropovich (en ruso: Мстисла́в Леопо́льдович Ростропо́вич, Mstislav Leopol'dovič Rostropovič, pronunciado [rəstrɐˈpɔvʲɪtɕ]), nado o 27 de marzo de 1927 en Bakú[1] (Acerbaixán) e finado o 27 de abril de 2007 en Moscova, coñecido tamén como "Slava", foi un violonchelista e director ruso. É considerado coma un dos mellores violonchelistas do século XX e mesmo por algúns coma o mellor violonchelista de tódolos tempos[Cómpre referencia]. Foi dedicatario de moitas obras de compositores do seu tempo, estreando arredor de 100 obras, e sendo o principal artífice da multiplicación do número de obras para violonchelo no século XX.

Mstislav Leopoldovich Rostropovich
Мстисла́в Леопо́льдович Ростропо́вич
Mstislav Rostropovich en 1991.
Nome completoMstislav Leopoldovich Rostropovich
AliasSlava
Data nacemento27 de marzo de 1927
Nado enBakú, RSS Acerbaixán
Falecemento27 de abril de 2007
Moscova, Rusia Rusia
 Moscova
CausaCancro colorrectal
Soterradocemiterio Novodevichii
CónxuxeGalina Vishnevskaya
FillosElena Rostropovich
OcupaciónViolonchelista e director
Instrumento(s)Violoncello
Na rede
IMDB: nm0744626 Allocine: 36224 Allmovie: p109042
Spotify: 50hiYMhi0g77BOkkQ4zebB Musicbrainz: e2b294b7-f705-4317-a96b-fd94da3719e5 Songkick: 205126 Discogs: 834577 IMSLP: Category:Rostropovich,_Mstislav Allmusic: mn0001053567 WikiTree: Rostropovich-1 Find a Grave: 19109939 Deezer: 68069 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de músicos. Estudou no Conservatorio de Moscova, dende os dezaseis anos. Chegou a ser alumno de Dmitrii Shostakovich e de Serguéi Prokofiev, antes de graduarse coas máximas distincións académicas. Posteriormente traballaría como mestre no mesmo Conservatorio, dende 1961. En 1948 xa fora solista da Orquestra Filharmónica de Moscova. A partir de 1950 actuara coma violonchelista e director. Tamén deu recitais de piano acompañando á súa muller, a cantante Galina Vishnévskaya. Tras un tempo en Moscova, foi nomeado profesor no Conservatorio de Leningrado.

Premios editar

Notas editar

  1. "Mstislav Rostropóvich", artigo na revista Intres musicais do IES de Melide. Xuño de 2007, p. 73.
  2. "Premio Príncipe de Asturias de la Concordia (1997)". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2009. Consultado o 07 de setembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar