Donramiro, Lalín

parroquia civil do concello de Lalín

Santa María de Donramiro é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 1002 habitantes (484 mulleres e 518 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 912 habitantes. Conta cos lugares de Agruchave, Donramiro, Filgueiroa, Penela (onde se formou a Banda de música da Penela), Regueiriño, Trascastro e Feás

Donramiro
Igrexa de Santa María de Donramiro.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°39′25″N 8°07′16″O / 42.6569488, -8.1210528Coordenadas: 42°39′25″N 8°07′16″O / 42.6569488, -8.1210528
Área4,5 km²
Poboación1002 hab. (2011)
Densidade222,67 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Está a unha altura de seiscentos metros.

Historia e patrimonio editar

Unha antiga lenda local atribúe a fundación da parroquia a un rei godo chamado Ramiro.

Nos montes do Monserrat áchase un castro explorado por Florentino López Cuevillas. O castro de Donramiro confórmase a partir dun recinto principal ou coroa de forma ovalada cun antecastro que se abre cara ao leste. As dimensións da coroa son no eixo NL-SO duns 90 m no interior e 100 m polo exterior. Se se engade o antecastro chégase a 180 m. No eixo NO-SL mide 65 m no interior e 85 m polo exterior. Incluído o antecastro son uns 100 m. O ancho do antecastro é duns 30 m e a lonxitude 180 m. Na zona suroeste o antecastro está moi alterado pola actividade agrícola.[2]

A antiga igrexa románica do século XII foi reformada no ano 1654 en estilo barroco, só a fachada e o primeiro tramo da nave son románicos. Nunha sepultura desa igrexa repousan os restos de Ramón María Aller Ulloa que naceu no Pazo de Filgueiroa, localizado nesta parroquia ao igual que o Palacete dos Crespo.

Os seus monumentos máis importantes son: o castro, o Palacete dos Crespo (coñecido como "a casa da Crespa" por ser a súa última moradora Anuncia Crespo Barros, filla do que foi alcalde de Lalín de 1903 a 1923, Antonio Crespo Pampín e neta do tamén alcalde do século XIX José Crespo Villar) e a carballeira da Crespa (que pertenceu a esta señora).

Donramiro foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando pasou a ser anexo de Santa María das Dores de Lalín.

Nesta parroquia naceron o pintor Laxeiro, nado Xosé Otero Abeledo, e o político Juan Ramón Ulloa Pimentel.

Festas editar

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Donramiro editar

Lugares da parroquia de Donramiro no concello pontevedrés de Lalín

Agruchave | Donramiro | O Empalme | Filgueiroa | O Monserrat | A Penela | O Regueiriño | Trascastro

Parroquias de Lalín editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Facundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (San Xurxo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar