Ramón María Aller

astrónomo galego
(Redirección desde «Ramón María Aller Ulloa»)

Ramón María Aller Ulloa, nado no pazo de Filgueiroa de Donramiro (Lalín) o 3 de febreiro de 1878 e finado na vila de Lalín o 28 de marzo de 1966, foi un astrónomo galego, ademais de sacerdote e matemático.

Infotaula de personaRamón María Aller Ulloa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1878 Editar o valor em Wikidata
Donramiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de marzo de 1966 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGalicia
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo
  • Astronomía
  • Matemáticas
  • Ocupaciónastrónomo , matemático Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
    Obra
    DoutorandoRafael Cid Palacios e Antonia Ferrín Editar o valor em Wikidata
    Familia
    PaiDomingo Enrique Aller Rodríguez Editar o valor em Wikidata
    IrmánsJesús Aller Ulloa Editar o valor em Wikidata
    Premios

    Galiciana: 72194 Dialnet: 3022356

    Traxectoria editar

    Fillo do notario de Lalín Domingo Enrique Aller Rodríguez e afillado do deputado Ramón Villar Ulloa, comezou a estudar no Colexio dos xesuítas de Camposancos, na Guarda, e continuounos no seminario de Lugo.[1] Con vinte anos obtivo un doutoramento en teoloxía. Foi ordenado sacerdote con dispensa de dous anos, e, aos 26, acadou como alumno libre unha licenciatura en Ciencias Exactas pola Universidade de Madrid. Na década de 1910 construíu na súa casa, en Lalín, o primeiro observatorio astronómico de Galicia[2].

    En 1939, encargouse de explicar Xeometría e Análise Matemática na Universidade de Santiago de Compostela. En 1943 doutorouse na Universidade de Madrid, e no 1944 na Universidade de Santiago creouse a Cátedra de Astronomía para el; grazas á súa colaboración e doazóns dos seus aparellos de astronomía, a Universidade de Santiago dispuxo dun observatorio[3], que hoxe leva o seu nome [4] ; nel continuou cos seus estudos do firmamento, sempre cunha estreita relación con importantes astrónomos europeos da época. Na universidade de Santiago dirixiu as teses doutorais de Enrique Vidal Abascal (On the orbits of visual double starts), Antonia Ferrín Moreiras (Observaciones de pasos por dos verticales), Rafael Cid Palacios [5], Francisco Múgica Buhigas, e Juan Antonio Zaera Toledo.

    Ramón María Aller foi membro do Seminario de Estudos Galegos onde ingresou no ano 1928, cun discurso de entrada titulado "D. José Rodríguez González: o matemático de Bermés"[6], da Academia das Ciencias Exactas de Madrid, da Comisión da Astronomía e doutras institucións mundiais, así como da Real Academia Galega, na que ingresou o 27 de xullo de 1941 canda outros dezanove académicos de número.

    Inventou aparellos de medición e observación, algúns deles foron adoptados polo observatorio de París. Dominaba dez idiomas.

    Obras editar

    En palabras de José Angel Docobo Durántez

    "A produción científica de Aller, tendo en conta os medios, a época e os lugares onde a desenvolveu, foi excepcional: 78 artigos en revistas especializadas... 4 libros, 5 teses de doutoramento dirixidas e 4 estrelas dobres descubertas. Ademais, foi autor de numerosos deseños de instrumentos científicos e unha infinidade de observacións, cálculos, notas e catálogos estelares que ficaron inéditos. Por todo iso está considerado como un dos astrónomos españois máis salientables do século XX" [7]

    Algunhas das publicacións de Ramón M. Aller son:

    • Algoritmía. principios fundamentales de la ciencia de los números. A Coruña: Lit e Imp. Roel, 1919.
    • Astronomía a simple vista. Santiago de Compostela: Porto y Cía. Editores, 1948. Reeditado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela en 1998.[8]
      • Versión en galego Astronomía a ollo ceibe da USC e Secretaria Xeral de Política Lingüística, no 2016.[9]
    • Ensayos de observaciones de pasos por dos verticales. Santiago de Compostela: Observatorio, 1946.
    • Introducción a la astronomía : proyecto de un libro... escrito durante el año de 1930. Santiago :Secretariado de Publicaciones de la Universidad, 1985.
    • Introducción a la astronomía. Madrid: CSIC, 1943. Reeditado en 1957.
    • José Rodríguez González (o matemático de Bermés). A Coruña: Imp. Nós, 1929.
    • "Notas sobre observaciones de estrellas dobles". En : Asociación española para el progreso de las ciencias. Congreso XIV. 1934. Santiago de Compostela. Asociación Española para el Progreso de las Ciencias. XIV celebrado en Santiago de Compostela. Madrid, 1935. p. 71-80.
    • "Nuestro universo, la galaxia". En Lar, 236-237, (1953), p. 55.
    • "Valores inadmisibles para una media aritmética". En Boletín de la Universidad Compostelana, 73-74 , 81965-66, p. 33-39.
    • Nuevos métodos en observaciones de pasos . Santiago de Compostela : Observatorio de Santiago, 1944.
    • El Observatorio astronómico de Lalín y sus coordenadas geográficas. A Cruña : Nos, 1929.
    • Los Observatorios de Lalín y de Santiago. Santiago de Compostela : Observatorio de Santiago, 1944.
    • Sobre observaciones de pasos por dos verticales. Santiago de Compostela : Observatorio de Santiago,1949.
    • "Valores inadmisibles para una media aritmética". En Acta Científica Compostelana, Vol. 1, n.3 (1964); p. 153-159.

    Galardóns e homenaxes editar

    Foi nomeado catedrático e director vitalicio do observatorio de Santiago de Compostela, cóengo de honra da Catedral de Santiago, e fillo adoptivo da cidade de Santiago. O inglés Wilkins puxo o nome de Aller a un cráter da Lúa.

    En 1960 Galicia recoñece o labor de Ramón M. Aller cun gran homenaxe en Lalín[10], no 2010 adícaselle o Día da Ciencia en Galego[11], e no 2011 a Real Academia Galega de Ciencias adícalle o Día do Científico Galego dese ano [12].

    A Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela leva o seu nome [13].

    O cráter Aller editar

    Hugh Percy Wilkins e Patrick Moore (no seu libro The Moon), propuxeron o nome de Aller (como homenaxe ao seu traballo astronómico) para identificar o cráter Langrenus K (nome orixinal na nomenclatura da IAU con entrada de catálogo 4689) e durante as décadas dos anos 1950 e 1960 foi coñecido como cráter Aller nos mapas da superficie da Lúa, e así era coñecido na chegada do home a Lúa. O nome actual do cráter é unha homenaxe ao matemático inglés George Atwood, foi introducido provisionalmente no ano 1974 e adoptado oficialmente pola IAU no ano 1976, hoxe coñécese como cráter Atwood (alias Aller).[Cómpre referencia]

    O cráter está situado no Mar da Fecundidade (Mare Fecunditatis) nas coordenadas 5.8°S 57.7°E, ten un diámetro de 28,64 km e unha profundidade de 2,5 km.

    Galería de imaxes editar

    Notas editar

    1. Brandido Gutiérrez, Carlos (2008). Seminario Diocesano, Lugo, ed. "O Gran astrónomo galego Don Ramón María Aller". Lucensia (36): 11– 26. 
    2. Aller Ulloa, Ramón María (1929). Nós, ed. El observatorio astronómico de Lalín y sus coordenadas geográficas. 
    3. Aller Ulloa, Ramón María (1944). Observatorio de Santiago, ed. Los observatorios de Lalín y de Santiago. 
    4. "Observatorio Ramón M. Aller da Universidade de Santiago de Compostela". Consultado o 08/11/14. 
    5. Calvo Pinilla, Manuel (2004). Academia de Ciencias Exactas, Físicas, Químicas y Naturales, ed. "Nota necrológica. D. Rafael Cid Palacios". Revista de la Academia de Ciencias Exactas, Físicas, Químicas y Naturales de Zaragoza (Número 59 (serie 2a)): 123–125. Consultado o 8/11/14. 
    6. Aller Ulloa, Ramón M. (1929). "D. José Rodríguez González: o matemático do Bermés". Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (Tomo 3): 27–95. 
    7. Doco Durántez, José Angel. "Ramón María Aller Ulloa O iniciador da investigación astronómica en Galicia". Consultado o 08/11/14. 
    8. Astronomía a simple vista en Google Books (en castelán).
    9. GCiencia.com (ed.). "Sae en galego o compendio de astronomía de Ramón María Aller". Consultado o 29 de marzo de 2016. 
    10. Vidal, Antonio (2014). "Homenaje de Lalín al sabio Ramón María Aller Ulloa". Historia de Deza. Consultado o 08/11/14. 
    11. "Día da Ciencia en Galego 2011". Consultado o 08/11/2014. 
    12. Real Academia Galega de Ciencias. "Día do Científico Galego 2011. Prof. Dr. D. Ramón María Aller Ulloa". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2014. Consultado o 08/11/14. 
    13. 6 Aulas da Facultade Homenaxe a 6 Profesores

    Véxase tamén editar

    Bibliografía editar

    • Brandido Gutiérrez, Carlos. "Don Ramón María Aller Ulloa, o gran astrónomo galego". Lucensia N. 36 (2008); p. 11-26.
    • Canda, Emilio. En Lalín con el sacerdote astrónomo don Ramón María Aller. Finisterre Ano 1, n. 2 (oct. 1943); p. 10-12.
    • Docobo Durántez, José Ángel. La Obra científica de Aller Ulloa. Santiago de Compostela : Fundación Alfredo Brañas, 1991.
    • Docobo Durántez, José Ángel, ed. lit. Las publicaciones científicas del Dr. D. Ramón María Aller Ulloa. Santiago de Compostela : Universidade, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 1991.
    • Docobo Durántez, José Ángel (2014). Ouvirmos, ed. Ramón María Aller Ulloa. Astrónomo e matemático. Sarria. ISBN 978-84-941053-5-7. 
    • Docobo Durántez, José Ángel. "Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica" en Galicia Revista Real Academia Galega de Ciencias, ISSN 1135-5417, Nº 30, 2011 , páxs. 127-168
    • Docobo Durántez, José Ángel. "Recuperación do emblemático observatorio astronómico de D. Ramón María Aller Ulloa en Lalín". Descubrindo: Anuario de estudios e investigación de Deza, ISSN 1139-7527, Nº. 10, 2009 , páxs. 99-150
    • Dous matemáticos galegos : R. Aller, E. Vidal. [Santiago de Compostela] : Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, D.L. 1999.
    • Filgueira Valverde, José. Os ensaios en galego (“Logos” 1931-1934) do Dr. Ramón Aller Ulloa. Pontevedra: Deputación Provincial, 1989
    • Fernández Pérez, Iván. "Notas sobre os inicios da astronomía en Galicia : de Domingo Fontán a Ramón María Aller". Descubrindo Deza : anuario de estudios e investigación de Deza. N. 12 (2013) ; p. 89-105.
    • Ferrín, A. "Don Ramón María Aller (1878-1966)" (1966). Urania, nº 264. p. 246.
    • Filgueira Valverde, José. El Dr. Ramón Aller Ulloa: (Lalín, 1878-1966): astrónomo, precursor de la prosa científica. Pontevedra : [s.n.], 1989 (Imprenta da Excma. Deputación).
    • Moreno Castillo, Ricardo. "Ramón Mª Aller Ulloa". En: 13 Matemáticos galegos.[s.l.]: Anaya, 2004. p. 77-80
    • Vidal Abascal, E. (1976). "Ramón M.ª Aller Ulloa". Boletín da Real Academia Galega. XXXII (358): 129–132. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 02 de agosto de 2022. 

    Ligazóns externas editar