O docetismo era unha doutrina herética aparecida a finais do século I no seo da Igrexa católica. Afirmaba que Xesucristo tivera unha imaxe aparente e polo tanto non corpórea ou real. A xustificación era que a materia é algo intrinsecamente malo, polo que Xesucristo só podía ter un corpo aparente. Esta doutrina polo tanto é contraria á Encarnación e á Resurrección de Cristo. Deu lugar a grandes polémicas no cristianismo primitivo e foi combatida xa dende entón por figuras sobranceiras como Ignacio de Antioquía. Os gnósticos eran docetas.

Parte da herexía dos cátaros era docética. Esta herexía rematou coa Cruzada Albinxense.

O Corán afirma que a crucifixión de Xesús de Nazaret só foi un espellismo. Para o islam un profeta tan excelso non podía morrer na cruz.