As doce uvas é unha tradición de orixe española consistente en tomar doce uvas ao son das doce badaladas que sinalan o comezo do Aninovo. A orixe de tomar uvas na Noitevella data cando menos da década de 1880[1]. A popularización da práctica deuse por intereses económicos, cando en vésperas do Ano Novo 1909 os colleiteiros de uva tiveran unha gran produción. Para desfacérense do excedente, inventaron o ritual de tomar as uvas da sorte na derradeira noite do ano"[2].

Historia editar

A creación de Televisión Española a mediados do século XX permitiu a transmisión anual das doce badaladas do 31 de decembro dende a Porta do Sol de Madrid. Tras a creación das televisións autonómicas, estas comezaron a retransmitir as badaladas desde outros lugares; no caso da Televisión de Galicia, dende a torre do reloxo da catedral de Santiago de Compostela. Se ben tradicionalmente moita xente celebraba a Noitevella en familia, moita xente comezou a ir tomar as uvas da sorte en directo ao son do reloxo a diferentes espazos públicos, como a propia Porta do Sol.

As doce uvas en Vilagarcía de Arousa editar

En 1999 o goberno local de Vilagarcía de Arousa tomou a decisión de invitar a veciñanza a tomar as uvas ao mediodía, coa idea de involucrar a toda a comunidade a unha hora máis accesible para as persoas de todas as idades[3]. Desde ese ano vénse celebrando a festa[4] na Praza de Ravella[5], xusto fronte á casa consistorial. O Concello reparte uvas envasadas entre as persoas asistentes (350 quilos en 2016) e lambetadas para os nenos, para seren tomadas ao son das badaladas do reloxo do consistorio da vila. Tamén ofrece aos participantes do festival máis de 400 botellas de cava e batidos para brindar[6].

Notas editar

  1. Antonio Reigosa (2011). Trece noites, trece lúas. Xerais. 
  2. REDONDO ARJONES, A; REPILA RUIZ, A. E SOLOMANDO FIERREZ, M.J., A (2011). "Volvemos a casa por Navidad: Nuestras fiestas en imágenes". Revista Foro de profesores de E/EL 7. Consultado o 4 xaneiro 2017. 
  3. "Fiestas populares: Las "uvas" del 31 de diciembre" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16-10-2016. Consultado o 31-12-2016. 
  4. "Fiestas populares: las "uvas" del 31 de diciembre" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16-10-2016. Consultado o 31-12-2016. 
  5. "Fiestas populares de Villagarcía de Arosa" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16-10-2016. Consultado o 31-12-2016. 
  6. "Concello de Vilagarcía de Arousa". Consultado o 31-12-2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar