Divisións administrativas da Alemaña nazi

Tras a supresión dos Länder (estados individuais) da República de Weimar en 1934, as Gaue (singular Gau) eran as subdivisións administrativas de facto da Alemaña nazi.

Alemaña entre 1919 e 1937

Historia editar

 
Divisións administrativas da Alemaña nazi en 1944

As Gaue nazis formáronse en 1926 como distritos do Partido Nazi dos respectivos estados alemáns e provincias prusianas tal como se formaran tras a primeira guerra mundial.[1]

Cada Gau tíña un responsáble administrativo, o Gauleiter (xefe da Gau). Aínda que os Länder e as provincias prusianas continuaron existindo tras a Lei habilitante de 1933, a súa administración reduciuse a un órgano rudimentario unido ás respectivas administracións da Gau no proceso da Gleichschaltung. En total, Alemaña estaba constituída por 32 Gaue en 1934, que eran 42 cando desapareceu a Alemaña nazi en 1945.[2]

As rexións ocupadas en 1938 (Anschluss [anexión] de Austria e a Rexión dos Sudetes de Checoslovaquia polo Acordo de Múnic), e en 1939 (rexión de Klaipeda e o Territorio de Memel de Lituania), así como as zonas conquistadas durante a segunda guerra mundial, foron incorporadas ás Gaue existentes ou foron organizadas en Reichsgaue, similares en todo ás Gaue excepto no nome. Nos Reichsgaue, o Gauleiter tamén ostentaba a posición de Reichsstatthalter,[1] o que formalmente combinaba as esferas do partido e do goberno estatal.

Finalmente, como resultado da derrota na guerra, na Conferencia de Ialta Alemaña perdería non só os territorios recentemente anexionados, senón algúns dos territorios que ocupaba antes de que o goberno nazi asumira o poder, ademais de pasar a maior parte da seguinte metade do século XX dividida en dous Estados separados.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Die NS-Gaue, Deutsches Historisches Museum. Consultado e 25 de xaneiro de 2021.
  2. The Organization of the Nazi Party & State Arquivado 09 de novembro de 2016 en Wayback Machine. The Nizkor Project. Consultado o 25 de xaneiro de 2021.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.