Didélfidos

familia de mamíferos marsupiais
(Redirección desde «Didelphidae»)
Didélfidos
Didelphidae

Rango fósil: cretáceo superior - actualidade

Sarigüeia de Virxinia (Didelphis virginiana)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Ameridelphia
Orde: Didelphimorphia
Familia: Didelphidae
Gray, 1821
Subfamilias e Xéneros
  • Véxase o texto

A dos didélfidos (Didelphidae) é unha familia de mamíferos marsupiais, a única con especies vivas na actualidade dentro da orde dos didelfimorfos.

Apareceron no Cretáceo superior,[1] e a familia comprende especies nativas de toda América, pero especialmente de América Central e do Sur,[2] coñecidas como sarigüeias[3] ou sarigüés.[4]

Características editar

As sarigüeias son animais que, polo xeral, son de tamaño mediano e de hábitos tanto terrestres como arborícolas.

Distínguense polo seu longo fociño, o seu cranio oblongo, unha crista ósea que percorre lonxitudinalmente o centro do mesmo e uns dentes pouco especializados.

Excepcionalmente, entre os mamíferos que non son primates, posúen un dedo opoñíbel nas patas traseiras provisto dunha uña (non unha garra). Teñen ademais unha cola prénsil que os axuda a desprazárense nas ramas das árbores, e que é utilizada polos exemplares xuveníes para aferrárense ao corpo da nai.

Colonizan a maior parte dos ecosistemas da rexión neotropical, desde praderías e zonas arbustivas até a selva tropical, e desde o nivel do mar até os 3.000 m de altitude. Por regra xeral son polo menos parcialmente arborícolas, coa excepción da especie Chironectes minimus, de hábitos basicamente acuáticos.

Taxonomía editar

Descrición editar

A familia foi descrita en 1821 polo naturalista británico John Edward Gray, en London Med. Repos., 15: 308.[5]

Etimoloxía editar

O nome científico Didelphidae está formado, como é norma, pola unión á raíz do nome do xénero tipo da familia, Didelphis, co elemento do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.

Pola súa parte Didelphis está formado polo elemento di-, calco do grego δι- 'dous' e o termo do grego antigo δελφύς ‎delphýs 'útero'.

Sinónimos editar

Ademais de polo nome que lle deu Gray, e actualmente válido, a familia coñeceuse polo sinónimo Didelphidia.[5]

Clasificación editar

 
Caluromys philander.
 
Caluromys derbianus.
 
Chironectes minimus.
 
Didelphis marsupialis.
 
Philander opossum.
 
Marmosa murina.
 
Monodelphis domestica.

A clasificación da familia en xéneros e especies non está terminada de aclarar, existindo algúns taxons de clasificación incerta.

Dúas das máis prestixiosas bases de datos, o MSW e o ITIS, dan as seguintes clasificacións para a familia dos didélfidos:

Clasificación do MSW editar

Clasificación do SIIT editar

Como vemos, entre elas só hai unhas pequenas diferenzas na subfamilia dos Caluromyinae

Clasificación de Voss e Jansa editar

No ano 2009, Robert S. Voss e Sharon A. Jansa reclasificaron a familia, que dividiron en 4 subfamilias, e que comprenden os seguintes xéneros:[7]

Notas editar

  1. Francisco Goin; Alejandra Abello; Eduardo Bellosi; Richard Kay; Richard Madden; Alfredo Carlini (2007). "Los Metatheria sudamericanos de comienzos del Neógeno (Mioceno Temprano, Edad-mamífero Colhuehuapense). Parte I: Introducción, Didelphimorphia y Sparassodonta". Ameghiniana 44 (1): 29–71. 
  2. BOLD Systems: Taxonomy Browser - Didelphinae {subfamily}
  3. sarigüeia no ILG Tesouro Informatizado da Lingua Galega.
  4. BUSCatermos sarigüé
  5. 5,0 5,1 5,2 Didelphidae no MSW.
  6. Didelphidae Gray, 1821 no ITIS.
  7. R. S. Voss e S. A.Jansa (2009): Phylogenetic relationships and classification of didelphid marsupials, an extant radiation of New World metatherian mammals, en Bulletin of the American Museum of Natural History nº 322, 177 pp.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar