De viris illustribus
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
De viris illustribus ('sobre homes famosos' en latín) é o título de varias obras escritas en latín que recollen a vida de homes notables (e ás veces dalgunhas mulleres). Estas son algunhas, en orde cronolóxica:
- De viris illustribus de Corneli Nepote (século I a. C.), unha "historia de grandes homes" en 16 volumes dedicados a Tito Pomponio Ático dos que só se conserva a parte que trata dos xenerais estranxeiros.
- De viris illustribus de Suetonio (séculos I e II d.C.), do que só se conservan fragmentos, sobre todo da parte dedicada a gramáticos e retóricos;
- De viris illustribus urbis Romae, unha colección anónima do s. IV (anteriormente atribuídoa a Aurelio Víctor) que contén biografías romanas anteriores á era cristiá. Serviu de modelo para o abade Lhomond.
- De viris illustribus de Xerome de Estridón (séculos IV e V), que consta de breves notas biográficas e literarias sobre 135 autores cristiáns, desde San Pedro ata o propio Xerome (a fonte principal dos primeiros 78 é a Historia Eclesiástica de Eusebio de Cesarea).
- De viris illustribus de Xenadio de Marsella (século V), continuación da colección de Xerome.
- De viris illustribus de Isidoro de Sevilla (séculos VI e VII).
- De viris illustribus de Francesco Petrarca (século XIV).
- De casibus virorum illustrium, colección de Giovanni Boccaccio (século XIV).
- De viris illustribus de Bartolomeo Fazio, secretario do rei de Nápoles (o manuscrito é de 1456 pero o texto foi impreso por primeira vez en 1745).
- De viris illustribus catalanis, colección de Pere Miquel Carbonell i Soler con 15 biografías de estudosos cataláns da súa época (1476).
- O De viris illustribus do abade Lhomond, escrito en 1775 baseado no De viris illustribus urbis Romae.