David Crosby

músico estadounidense

David Van Cortlandt Crosby nado nos Ánxeles, California, o 14 de agosto de 1941 e finado o 19 de xaneiro de 2023,[1][2] foi un coñecido guitarrista e cantautor. Foi membro fundador do grupo The Byrds e de Crosby, Stills, Nash & Young (CSNY). É membro do Rock and Roll Hall of Fame polo seu traballo con The Byrds e con Crosby, Stills, Nash & Young.

Infotaula de personaDavid Crosby
Biografía
NacementoDavid Van Cortlandt Crosby
14 de agosto de 1941
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Santa Ynez, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónCate School (en) Traducir
Santa Barbara City College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica, Composición musical, guitar performance (en) Traducir, letra (pt) Traducir e peza musical Editar o valor em Wikidata
OcupaciónMúsico
Compositor
Período de actividade1964 Editar o valor em Wikidata - 2023 Editar o valor em Wikidata
Membro de
The Byrds (1972–1973)
Crosby & Nash (1971–2022)
Crosby, Stills, Nash & Young (1969–1976)
Crosby, Stills & Nash (1968–1969)
The Byrds (1964–1968)
Les Baxter's Balladeers (pt) Traducir (1962–1963) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRock and roll, folk rock, folk, rock psicodélico, country rock
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra, violín, piano, violão de doze cordas (pt) Traducir, Pandeireta e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoAtlantic Records
A&M Records
Rhino Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalGraham Nash: Crosby & Nash Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaVan Cortlandt family (en) Traducir e Van Rensselaer family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosJames Raymond
(1962)
PaisFloyd Crosby (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Aliph Van Cortlandt Whitehead (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEthan Crosby (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdavidcrosby.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0004849 Facebook: OfficialDavidCrosby Twitter: thedavidcrosby Instagram: thedavidcrosby MySpace: davidcrosby Youtube: UCqeip_y4vuxmXnzzD_5vfrg Spotify: 59zdhVoWxSoHMc74n098Re iTunes: 26431 Last fm: David+Crosby Musicbrainz: e90f9815-221d-4e10-8675-e75c07988113 Songkick: 15992 Discogs: 253966 Allmusic: mn0000644880 WikiTree: Crosby-1640 Deezer: 5659 Genius: David-crosby Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os seus pais foron Aliph Van Cortlandt Whitehead e Floyd Crosby, gañador dun Oscar ao mellor director de fotografía. Os dous divorciáronse en 1960, cando Crosby tiña 19 anos.

Carreira artística editar

The Byrds editar

A principios de 1964 Crosby tocou nalgúns clubs con Roger McGuinn (entón coñecido como Jim) e Gene Clark baixo o nome de Jet Set. Axiña cambiaron o seu nome a The Byrds, e xuntáronse o baixista Chris Hillman e o batería Michael Clarke (a quen Crosby descubriu tocando bongos na praia). Dalgunha maneira conseguiron unha demo da canción de Bob Dylan "Mr. Tambourine Man" e gravaron a súa propia versión, con McGuinn usando unha guitarra de 12 cordas mentres Crosby e Clark acompañaban con harmonías vocais. A canción foi un grande éxito, chegando ao número 1 das listas.

McGuinn foi o encargado de dar un son característico co seu Rickenbacker 360/12 (idea que obtivo da guitarra que George Harrison utilizou no filme A Hard Day's Night), e Crosby foi o responsable das altas e fermosas harmonías vocais e, moitas veces, do fraseo nas súas cancións.

En 1966, Gene Clark, entón o vocalista e compositor principal, retirouse do grupo debido ao estrés. Isto levou a que McGuinn e Crosby fosen os cantantes principais. Crosby tivo a oportunidade de mellorar o seu oficio, converténdose pronto nun cantautor prolífico e talentoso. As súas contribucións inclúen a canción de 1966 "Eight Miles High", coescrita con Clark e McGuinn, e a súa outra cara, Why, coescrita con McGuinn, que mostra a Crosby no seu mellor momento. Tamén se coñece a súa versión da canción "Hey Joe" despois de ser retomada por Dino Valente. Presentáballe a canción a Bryan MacLean e Arthur Le da banda de pop Love, quen máis tarde lla ensinou aos membros de The Leaves. Sentíndose responsable de popularizar a canción, Crosby convenceu aos outros membros de The Byrds para que a interpretasen no disco de Fifth Dimension. Para o álbum de 1967 Younger Than Yesterday, Crosby comezou a atopar a súa propia marca e estilo.

En 2016 publicou Lighthouse. Un adianto do álbum foi a canción titulada "Things we do for love" que David Crosby dedica á súa muller.

Discografía editar

  • 1971 "If I Could Only Remember My Name" (Atlantic)
  • 1989 "Oh, Yes I Can!" (Atlantic)
  • 1993 "Thousand Roads" (Atlantic)
  • 1994 "It's All Coming To Me Now!" (Live)(Atlantic)
  • 1996 "Live On The King Biscuit Flower Hour" (Live) (King Biscuit)
  • 2006 "Voyage" (Box-Set) (Rhino)
  • 2014 "Croz" (Blue Castle)
  • 2016 "Lighthouse" (Ground UP)
  • 2017 "Sky Trails"
  • 2018 "Here If You Listen" (BMG Music)

Actor de voz editar

Crosby apareceu na serie animada The Simpsons, dando voz a dous episodios. O primeiro foi Marge in Chains, o penúltimo episodio da cuarta tempada, no que Crosby aparece como padriño de AA do avogado Lionel Hutz. O segundo foi Homer's Barbershop Quartet, que pertence á quinta tempada, no devandito capítulo Crosby aparece como anfitrión dunha entrega ficticia de premios Grammy .

Notas editar

  1. "Legendary singer-songwriter David Crosby dies at 81" (en inglés). Consultado o 2023-01-19. 
  2. Morris, Chris (2023-01-19). "David Crosby, Byrds and Crosby, Stills & Nash Co-Founder, Dies at 81" (en inglés). Consultado o 2023-01-19. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar